Roteiro das médulas das borreas2023-10-23T16:57:11+02:00

Coñece un patrimonio único

Visita guiada gratuíta ao roteiro das Médulas das Borreas

Convidámósche a coñecer un roteiro que pon en valor o patrimonio xeolóxico, mineiro e arqueolóxico da Mina das Borreas, dedicada á extracción de ouro coa técnica de Ruina Montium fai 2000 anos. Esta mina estivo en funcionamento durante a época romana, concretamente nos séculos I e II.

Acompañados do xeólogo Eduardo González Clavijo, visitaremos os miradoiros, as antigas canles de auga e a zona de extracción da mina, e amosaremos as rochas da zona que contiñan o ouro.

Información

O roteiro son case 4 km de dificultade baixa. Para máis información sobre a ruta, contacta connosco na dirección de correo electrónico oficina.tecnica@camaraminera.org.

Recomendacións: Levar auga e calzado cómodo e apto para terreos irregulares. Segundo a meteoroloxía prevista para ese día, é recomendable levar sombreiro e crema solar ou chuvasqueiro.

Inscríbete

A inscrición finalizou

PRAZAS LIMITADAS. Se finalmente non podes asistir, avísanos para que outra persona ocupe a túa praza.

Organizado por:

logo-minaria-sostible-galicia-1-retina

Coa colaboración de:

Como chegar

Cruce da estrada comarcal OU-533 coa estrada de acceso á localidade de Caldesiños (km 14,500).

Para máis información sobre a ruta, contacta connosco na dirección de correo electrónico oficina.tecnica@camaraminera.org