Investigación2019-02-12T13:31:37+01:00

Que é a investigación mineira?

É a primeira etapa do ciclo mineiro e o seu obxectivo é atopar zonas onde exista mineral, é dicir, onde exista un xacemento.

Que actividades se realizan durante a etapa de investigación?

As actividades para atopar un xacemento mineral comezan cun recoñecemento de campo, a través do que se observa o solo e se recollen as mostras na busca de minerais. Para este propósito, empréganse equipos humanos que buscan evidencias a man co apoio de mapas, planos e imaxes de satélite e aéreas.

Estes traballos iniciais de toma de mostras non teñen ningún impacto sobre o medio. Por esta razón, para realizalos non é necesario contar cun permiso ou autorización ambiental, aínda que si da administración mineira correspondente. No caso galego, da Dirección Xeral de Minas e Enerxía, dependente do Ministerio de Economía, Emprego e Industria.

Hai certas áreas nas que non se pode facer prospección, como terreos cercados ou cultivados, lugares arqueolóxicos, zonas urbanas ou áreas reservadas para defensa nacional.

Se o resultado da investigación inicial é positivo, continuarase cunha exploración máis detallada. Para esta etapa tamén se precisa autorización da administración mineira galega, ademais da autorización ambiental previa da administración. No caso galego, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Na exploración detallada utilízanse mapas e márcanse as áreas onde terán lugar as primeiras perforacións. Nesta etapa podemos observar que se instalan máquinas para facer buratos e se extraen mostras de rochas do subsolo.

As mostras tomadas analízanse nos laboratorios e con estes resultados poderase coñecer:

  • Se hai un depósito mineral ou xacemento que poida convertirse nunha mina.
  • A cantidade de mineral que hai.
  • A calidade do mineral, que depende da súa concentración ou lei.

Con esta información a empresa determinará se hai condicións para continuar co desenvolvemento e explotación dunha mina.

A fase de exploración mineira é un proceso que pode demorarse moitos anos e pararse debido ás circunstancias do mercado (cambios na demanda do mineral).

As exploracións realízanse sobre zonas moi amplas, denominadas cuadrículas mineiras. Non obstante, son moi poucas as exploracións que se convertirán finalmente nunha mina.

Requisitos para realizar a exploración mineira

Antes de iniciar as actividades de exploración a empresa mineira debe contar cos seguintes requisitos:

  • Os permisos esixidos pola lexislación española de augas e minas.
  • O cumplimiento das normas de saúde e seguridade mineira.
  • Os estudos ambientais aprobados pola administración ambiental en caso de perforacións que teñan interacción co medio ambiente.

Como participa a cidadanía na fase de exploración mineira?

As empresas mineiras que realizan a exploración e a investigación deben informar aos propietarios dos terreos das actividades que van levar a cabo.

Os cidadáns dunha área incluída nos plans de investigación mineira poden informarse e participar solicitando información ás empresas mineiras, revisando o estudo obrigatorio de impacto ambiental que se debe presentar aos concellos da zona.

As empresas mineiras deben manter unha comunicación constante cos grupos sociais e os cidadáns para facilitar a relación entre eles, por exemplo, sobre permisos de uso da terra e organización do traballo.