Quen somos?2021-01-20T18:22:24+01:00

Que é Minaría Sostible de Galicia?

Minaría Sostible de Galicia é unha iniciativa da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), unha corporación de dereito público e un órgano consultivo da Administración, tutelada pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia. A COMG representa ao sector industrial dos recursos minerais en Galicia: empresas mineiras, balnearios e augas minerais, agrupando ás persoas físicas e xurídicas que realizan actividades relacionadas con calquera fase do ciclo mineiro.

Ademais, participan da iniciativa Minaría Sostible de Galicia, as seguintes entidades:

  • Clúster do Granito
  • Clúster da Pizarra de Galicia
  • Asociación Galega de Áridos (Arigal)
  • Asociación Galega da Propiedade Balnearia
  • Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural
  • Asociación Provincial de Graniteros de Ourense
  • Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía (Universidade de Vigo)
  • Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal (Universidade da Coruña)
  • Colexio Oficial de Xeólogos
  • Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste
  • Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Graos en Minas e Enerxía de Galicia

Coa colaboración do:

  • Instituto Geológico y Minero de España (IGME)

Minaría Sostible de Galicia é unha marca rexistrada pola COMG.

Os obxectivos de Minaría Sostible de Galicia son:

  • A promoción do sector mineiro de forma sostible, a través da investigación e da divulgación.
  • A difusión de traballos, estudos e avances realizados en relación ás actividades extractivas.
  • A creación de contidos con información actualizada e de interese para a cidadanía con relación ás actividades mineiras.