Transparencia2019-02-12T13:15:34+02:00

Transparencia do sector mineiro

Existen minas ilegais en Galicia?

A minaría no noso país é un sector moi regulado, cunha gran densidade de normativas que afectan á actividade extractiva. De feito, é o país da Unión Europea no que maior presión legal existe.

Todas as explotacións mineiras teñen permisos obrigatorios, deben presentar un Plan de Traballo anual, ser conscientes das medidas de seguridade e ter garantías e avais financeiros dispoñibles para a Administración.

A minaría en Galicia, como actividade milenaria, evolucionou segundo un marco social cambiante que configurou as súas leis e as administracións que as aplican. Polo tanto, non hai minas ilegais en Galicia.

A minaría é un sector moi regulado e cunha intensa vixilancia da Administración

España aplica 112 normas á minaría

0
Específicas de minas
0
Sobre o uso do chan e o territorio
0
Relativas ao medio ambiente
0
De patrimonio histórico
0
Sobre augas e verteduras
0
Outras temáticas non mineiras

En España, unha empresa mineira debe esperar entre 2 e 6 anos para recibir un permiso mineiro debido á espesa lexislación e á regulación de 103 administracións e 112 leis. Polo contrario, en Portugal, existe un ‘portelo único’ na que como media para conceder ou denegar un permiso só se necesitan 11 meses.

Ademais, as actividades mineiras en España deben render contas ante 103 administraciones distintas, sen que por iso se beneficie a eficiencia do sistema. Por contra en 9 países da UE existe un ‘portelo único’ para a solicitude de permisos.

Países do noso contorno como Francia, con 69 leis; Portugal, con 25; Alemaña, con 46; ou Reino Unido, con 69, teñen contextos normativos moito menos complexos, pero igual de esixentes que os españois.

A presión legal obriga ás empresas a esperar ata 6 anos para abrir unha mina

A minaría moderna é absolutamente garantista co medio ambiente. De acordo coa Lei 3/2008 de ordenación da minaría de Galicia e a Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental, todas as explotacións mineiras deben ser aprobadas de maneira previa por unha autoridade medioambiental, que emite un dictame que permite ou non a explotación do xacemento.