A minaría e a sustentabilidade
A minaría sostible pretende un aproveitamento racional, ordenado e eficiente dos recursos do subsolo. E facelo de forma que tanto na actividade mineira como na restauración posterior, se respecte o medio ambiente e se integre no territorio e na sociedade. A minaría sostible satisface “as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das futuras xeracións para satisfacer as súas propias necesidades”, de acordo aos principios de Desenvolvemento Sostible da ONU.
A actividade mineira, compatible co medio
A minaría galega, como o resto das actividades humanas, ten un impacto sobre a natureza, pero, sen dúbida, é menor que outras actividades como o tráfico de vehículos, os residuos sólidos urbanos, os residuos industriais, as augas residuais ou a filtración á agua de fertilizantes e pesticidas procedentes da agricultura.
A minaría en Galicia aproveita recursos de maneira racional, ordenada e eficiente
Todas as explotacións mineiras son obrigadas por lei a ter un proxecto de restauración antes de comezar a extracción. O obxectivo principal do proxecto de restauración é que as terras recuperen ou melloren as condicións que existían antes de que se explotase o sitio; ou adaptalo a condicións compatibles co hábitat natural da zona.
O ciclo da minaría só remata cando finaliza a fase de restauración
A minaría galega contribuíu, e seguirá facéndoo, á mellora dos hábitats humanos coa rehabilitación de minas e canteiras, creando oportunidades de desenvolvemento, ocos útiles, como espazos para industrias, instalacións culturais, lugares de investigación, tanques de auga ou novos ecosistemas.
A rehabilitación ten casos exemplares en minas e canteiras galegas
¿Existe megaminaría en Galicia?
Calificar a minaría de Galicia como megaminaría, é erróneo, cando a realidade nin se aproxima ao concepto. As antigas minas a ceo aberto de As Pontes (9 km2) e Meirama (3 km2), que están xa rehabilitadas, son dunha escala pequena se se comparan con outras. En países altamente industrializados e desenvolvidos como Alemaña hai minas de 48 km2; en Canadá, de 42 km2 e nos Estados Unidos, de 40 km2.
Noutros países, como Rusia, Indonesia e Chile, existen explotacións que abranguen ata 100 km2 de superficie. A estrutura da propiedade do rural e a morfoloxía do terreo non permiten megaminaría en Galicia.
En Galicia non existe nin existirá megaminaría
A minaría de Galicia opera coas mellores e máis modernas prácticas para un aproveitamento racional, ordenado e eficiente do recurso. A minaría é unha actividade propia dos países desenvolvidos como Estados Unidos, Canadá, Australia, Alemaña, Noruega ou Suecia; que operan coas maiores demandas sociais e ambientais.
As explotacións mineiras e o seu medio
A minaría de Galicia é unha actividade sostible que se encaixa na roda da economía circular. Tanto é así que a Unión Europea permite realizar actividades extractivas non enerxéticas (en Galicia non hai minaría de carbón dende 2007) en áreas especialmente protexidas como a Rede Natura 2000 sempre que se realice de maneira sostible. Son espazos naturais moi protexidos, que teñen que ser compatibles coas actividades humanas do medio no que se realizan.
A UE afirma que a minaría é compatible con zonas protexidas como Rede Natura
A minaría non é un problema para a conservación, senón unha oportunidade. As modificacións da terra causadas pola minaría levaron á aparición de novos ecosistemas (como pantanos ou acantilados) que permitiron o establecemento de novas especies e un aumento da biodiversidade. A prohibición do tráfico rodado e da caza creou depósitos naturais arredor de minas e canteiras de Galicia.
A actividade mineira permite o enriquecemento da biodiversidade
Os desperdicios da maioría das industrias extractivas de Galicia (lousa, granito e áridos) considéranse inertes segundo a lexislación española RD 975/2009, do 12 de xuño, sobre a xestión de residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado polas actividades mineiras. Estes residuos non sofren “ningunha desintegración ou disolución importante ou ningún outro cambio significativo que poida causar efectos ambientais negativos ou prexudicar a saúde humana”. O resto son tratados de acordo á estrita lexislación.
A maioría dos residuos mineiros non son prexudiciais para o medio ou a saúde
Minaría en Galicia: eixe da economía circular
A minaría de Galicia xera espazos, infraestruturas e coñecementos para a mellora dos indicadores ambientais doutros sectores, como axente clave da economía circular. A minaría galega traballa con outros sectores no aproveitamento e o uso eficiente dos recursos. Así, estase a traballar en:
- Sinerxías entre a reciclaxe de residuos de demolición e construción e o sector dos áridos. De feito, moitas empresas mineiras de áridos contan cunha planta de reciclaxe.
>> Máis información - Recuperación de contaminación difusa de orixe agrícola e gandeira nas áreas do río Limia (proxecto Life Regenera Limia).
>> Máis información - Rexeneración do oco mineiro de Touro-O Pino a través do traballo do Centro de Valorización Ambiental de VATOP, que é realizado por un equipo da Universidade de Santiago (USC).