Historia2019-02-12T13:34:07+02:00

Minaría: patrimonio e historia

Galicia leva 300.000 anos explotando minerais

O uso de produtos minerais é o inicio da cultura en Galicia. Desde a datación das etapas prehistóricas baseadas no uso da pedra e dos diferentes materiais ata os modernos edificios de cristal e formigón, pasando polas murallas, as catedrais e os pazos, todos son produtos da minaría.

Galicia é unha comunidade cunha traxectoria histórica moi importante en relación coa actividade mineira, que se remonta a tempos antigos e que desempeñou un papel destacado nos tempos romanos, onde ademais dalgúns minerais metálicos, entre os que destacou o ouro, utilizáronse rocas para a construción e ornamentación, así como algúns minerais industriais como a arxila cerámica.

A minaría existiu sempre en Galicia e forma parte do seu patrimonio social e cultural