Webinar de Presentación do Catálogo de
Recursos Naturais de Galicia
21 de novembro, 10: 00 h.
A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) organiza unha xornada online para expoñer os traballos levados a cabo durante o último ano en colaboración coa Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) os cales se materializaron no Catálogo de Recursos Naturais de Galicia, e que pasará a formar parte da Materioteca.
Coñece o valor dos recursos da minaría galega
Dirixido a:
- Técnicos e empresarios da industria mineira e obra civil.
- Xeólogos e enxeñeiros.
- Persoal investigador sobre materiais.
- Profesionais doutros sectores vencellados aos recursos naturais.
Asistencia online a través de Zoom
Inscricións gratuítas
A Materioteca de Galicia é un espazo de difusión pública de materiais innovadores dende o que se trata de facilitar a transferencia cara a todo o tecido industrial de Galicia e que, dende o 2019, vén promovendo GAIN.
Nesta celebración, preséntase o inicio do traballo da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais coa mediación da COMG, na creación dun Catálogo de Recursos Naturais de Galicia co obxectivo de promover e difundir o potencial mineiro galego, e en especial, o que poida considerarse de carácter estratéxico.
Este catálogo e a súa asociada exposición, está enmarcada na Axenda Galega de Impulso de Minería Sostible 2030, e contempla actuacións encamiñadas ao impulso da circularidade das materias primas minerais mediante a valorización dos residuos producidos nos establecementos mineiros e que, polas súas características, poidan resultar rendibles para outros usos e sexan susceptibles de integración na Materioteca de Galicia.
COA COLABORACIÓN DE
INSCRÍBETE
O prazo de inscrición rematou.