A actividade mineira en Galicia
Os recursos xeolóxicos son bens de dominio público que forman parte da riqueza nacional e son a materia prima necesaria para a industria, a construción, a agricultura e a gandería.
O aproveitamento de recursos xeolóxicos está declarado, na maioría dos casos, como de utilidade pública por mor da súa importancia estratéxica e económica. A execución da actividade mineira está encomendada a empresas privadas mediante concesións e autorizacións, baixo a estrita supervisión e control das administracións. En xeral, estas son as 3 fases da actividade mineira: