A Torre de Hércules, unha xoia da minaría

2019-06-27T16:35:28+02:0027/06/2019|

En 2009 a Unesco decidiu que a Torre de Hércules, o faro que vixía a entrada da Coruña, fora declarado Patrimonio da Humanidade. Trátase do único faro da antigüidade grecorromana que mantén, en parte o seu aspecto, e aínda mantén a mesma función para a que foi edificado.

Cando os enxeñeiros romanos decidiron sinalizar a entrada ás rías de Brigantium, fixérono nun extremo rochoso e hostil do seu imperio en Finisterrae. Tiñan que marcar un porto de abrigo para os barcos que enlazaban Hispania coas Illas Británicas e a Galia.

Non se sabe con certeza como era o aspecto orixinal da Torre de Hércules, pero parece que contaba cun muro perimetral exterior e cunha rampla ou escaleira de pedra que daba acceso a unha plataforma superior. Arriba abría unha planta circular acabada en forma de cúpula cun oco no centro para a saída da luz e o fume que serviría de guía aos barcos. O núcleo interior, que foi escavado e investigado en 1990, ten unha base cadrada. En altura, articulábase en tres pisos sucesivos, os ocos estaban abertos con bóvedas de canón. Posiblemente estes espazos puidesen servir, entre outras funcións, para gardar o combustible do faro.

O material de construción inicial era o da roca nai granítica sobre a que se edificou, pedra obtida nas inmediacións do montículo da Torre, así como morteiro de cal e áridos obtidos do machaqueo do granito e outras rocas da zona. Os enxeñeiros romanos sempre optimizaban o proceso de construción cos materiais máis adecuados e accesibles.

As pedras da Torre de Hércules

A elección do granito de Galicia garantiu a pervivencia do edificio case inalterable durante varios séculos, a pesar de ser un obxectivo bélico durante as invasións dos bárbaros e na Idade Media e perder a súa función como axuda ao tráfico marítimo. A atalaia na que se edificou deulle valor como fortaleza durante ese tempo.

En 1208, cando se funda a cidade da Coruña, baixo o reinado de Alfonso IX de Castela, a Torre de Hércules, xa sen actividade como faro, foi abandonado e boa parte das súas valiosas pedras, expoliadas para a construción de edificios, igrexas e da muralla medieval. Cara ao século XVI, baixo o reinado dos últimos reis da Casa de Austria, o faro recuperou o seu uso marítimo con reparacións improvisadas e de baixo orzamento, para facilitar o tráfico de navíos europeos.

Non sería ata o reinado de Carlos III, cando se lle encarga a Eustaquio Giannini unha restauración completa da Torre de Hércules. No exterior revestiuse o núcleo primitivo romano con bloques de granito de 60 centímetros. Esta nova fachada ten unha sobria decoración neoclásica e unha duplicidade simétrica e regular dos vans que na súa maior parte son falsos e que só nalgúns casos se corresponden coas antigas entradas romanas ás estancias interiores (ás veces tapiadas en parte para manter a regularidade na fachada). A banda diagonal, que percorre os muros en espiral ata o cume, lembra a antiga rampla romana de acceso.

Na parte superior, levouse a cabo a demolición dos restos romanos e os do século XVII, que son substituídos por un novo final de dous corpos octogonales superpostos; o superior contiña inicialmente o fanal, que alimentado por carbón serviría de luminaria. Nas dúas portas de entrada hai unhas placas de cobre con inscricións conmemorativas, en castelán e latín, que dan testemuño da restauración encargada por Carlos III.

O aspecto exterior da Torre de Hércules cando foi terminada en 1791, cos seus 57 metros de altura de granito claro, era moi similar ao que se mantén ata agora.

Granito de Galicia para o símbolo da Coruña

Sin duda que la abundancia de la piedra de granito, su robustez y facilidad de trabajo por parte de canteros expertos durante dos milenos ha permitido que el símbolo de la ciudad de A Coruña sea, en buena parte, fruto de la minería de Galicia.

Os enxeñeiros da Ilustración tamén quixeron ser prácticos á hora de edificar o faro. Por iso empregaron granito das explotacións máis próximas e accesibles. Os estudos arqueolóxicos modernos e a documentación conservada do século XVIII identifican as rochas como de varios tipos de granito local, podendo ser unha parte de extraccións ao pé da Torre, por atoparse nun bloque granítico. Outra parte procede de canteiras das zonas de San Pedro de Visma e de San Cristóbal, a un quilómetro aproximadamente de distancia do emprazamento.

Sen dúbida que a abundancia da pedra de granito, a súa robustez e facilidade de traballo por parte de canteiros expertos durante dous milenos permitiu que o símbolo da cidade da Coruña sexa, en boa parte, froito da minería de Galicia.