O latín dos canteiros, un dialecto tallado en Galicia

2019-07-04T13:45:08+02:0004/07/2019|

O noroeste peninsular conta cunha forte tradición mineira, en Galicia concretamente debemos de remontarnos á Prehistoria para atopar os primeiros restos antropolóxicos realizados con recursos mineiros. Pertencemos a unha terra que destaca por conservar petróglifos e dolmens de máis de 4000 anos de antigüidade, e tamén por ser un lugar moi ligado ás profesións e aos gremios, sendo o dos canteiros un dos máis antigos.

Os historiadores sitúan o nacemento do oficio dos canteiros en Galicia na Idade Media. Trátase dun colectivo que tivo o seu auxe sobre todo en zonas da provincia de Pontevedra, en comarcas como a de Terra de Montes ou o Morrazo.

O dos canteiros é un gremio cun forte vínculo cara ás raíces do pasado, artesáns que nas súas mans tiñan pedras con miles de anos de historia e na súa boca, palabras de orixe prerromano. E é que os canteiros comunicábanse nunha linguaxe propia coñecida como latín dos canteiros ou verbo dos arxinas, un dialecto que chegou ata os nosos días, especial e ocultista, que garda os segredos dun dos gremios con máis tradición de Galicia e que foi transmitido de xeración en xeración. O obxectivo deste críptico dialecto era o traspaso de coñecementos nunha época na que case ninguén sabía ler nin escribir.

latin-canteros-galicia-mineria

Moitos foron os estudos realizados sobre esta particular linguaxe e deles extráese que o latín dos canteiros é un dialecto inventado, resultado da mestura e as conxugacións de linguas prerromanas como o vasco e doutros idiomas como o inglés ou o francés. Esta linguaxe estendeuse rapidamente por Galicia e Asturias e foi ademais o punto de partida no nacemento doutros dialectos como o do gremio da construción coñecido como latín dos chafoutas.

O latín dos canteiros estaba asociado aos grandes mestres da pedra, polo que gozaba de gran prestixio. Unha linguaxe que mesmo Celso Emilio Ferreiro utilizou nalgúns dos seus versos: “Vos quintos i vos alcamotes cantan, crean, constrúen, doman a pedra, levantan cidades e as caicoas, as arias xidas, as xarnas e as xarelas. Ou mundo é unha pedra, vos camiños están estrados de arias guiches. E ou fogo – isa cousa do ceo– arde sobre as arias de mariñar ou rufo”. Na actualidade é posible atopar algúns dicionarios que aglutinan o extenso vocabulario dos canteiros, como O verbo dous arginas de Avedra, de Feliciano Trigo, que recompila ata 4.000 termos.

Os canteiros non só tiñan a súa lingua, senón que tiñan tamén as súas propias tradicións orais, con “canturras” no verbo dos arxinas con temas como o día a día na canteira, o traballo da pedra ou a forma de vivir naqueles tempos. Cabe destacar que se trata de cantigas que seguen as mesmas normas que as da poesía culta, é dicir, con versos de oito sílabas, rima asonante ou consonante e unidade no tema. Outras cantigas que chegaron ata os nosos días estaban compostas en galego, as “cantigas de traballo” que se cantaban ao contrapunto dunha voz ou un sinal e que servían para alentar aos canteiros á hora de mover grandes pedras.

lenguaje-canteros-galiciaPedriña, pedra,

Pedra da soleira;

Ponte no teu sitio

ó lado da compañeira.

 

 

 

 

A linguaxe non é máis que unha ferramenta, ao igual que o son los picos, os mazos ou as serras. Por iso, se o oficio de canteiro se perde, o verbo de los arxinas tamén estará destinado a olvidarse. Por fortuna, algunhas iniciativas tratan de manter viva esta profesión, adaptándoa ás necesidades actuais do mercado con titulacións homologadas como a da Escola de Cantería de Pontevedra.