O Parlamento de Galicia aproba a Lei de aproveitamento lúdico de augas termais

2020-02-03T17:07:29+01:0003/02/2020|

Galicia é unha das rexións de Europa que presenta maior riqueza en termos de augas minerais e termais, sendo actualmente a comunidade autónoma termal líder en España con 300 captacións de augas minerais, 21 balnearios e 10 plantas envasadoras en explotación. Os seus 21 balnearios, con máis de 2.500 mil prazas hoteleiras, representan ao redor do 20% dos establecementos nacionais e reciben unhas 150.000 persoas ao ano, convertendo a Galicia na comunidade autónoma líder en canto a termalismo en España..

Galicia é a primeira comunidade autónoma en regular un novo aproveitamento das súas augas minerais, o aproveitamento lúdico das súas augas termais a través dunha novedosa lei, que entrará en vigor neste mes de febreiro. Trátase dunha norma pioneira, que permitirá a Galicia contar cun marco regulador de augas termais moi completo capaz de compatibilizar os distintos usos de maneira ordenada e garantindo a calidade e a renovabilidade do recurso.

A Xunta de Galicia destaca que este texto “dá resposta” ao sector empresarial e a “unha demanda real” da sociedade a través de un marco que aporta “seguridade xurídica e garantías a proxectos turísticos” na comunidade.

Unha lei que conta co apoio da Cámara Oficial Mineira de Galicia, que participou activamente durante o proceso de elaboración desta nova normativa.

1.Lexislación

Aínda que os espazos lúdicos termais se consoliden como focos de atracción turística, ata o momento carecían dunhas normas específicas. Por iso, o goberno galego impulsou esta nova norma que cobre a necesidade de implementar un instrumento lexislativo que regule e ordene este incipiente sector.

balneario-a-toxa

2.Finalidades

Os fins da lei son os seguintes:

  • Amosar algunhas garantías de sostibilidade ambiental das augas termais para evitar que se afecte a súa calidade e que o seu caudal non se reduza.
  • Asegurarse de que a saúde e a hixiene permanecen constantes.
  • Protexer a súa integridade en termos de recursos naturais, patrimoniais, turísticos, culturais e recreativos.
  • Promover o desenvolvemento económico e social da poboación onde existen esas augas.

3. Aspectos fundamentais

Entre os aspectos máis importantes, destaca como regra anterior que as augas teñan a condición de termais e para iso é necesario que se leve a cabo:

  • O establecemento do procedemento para obter autorizacións administrativas renovables cada 10 anos para particulares ou entidades privadas e concesións de 30 anos, prorrogables ata 75 no caso de entidades públicas.
  • A regulación dos casos de compatibilidade dos novos usos recreativos cos balnearios establecidos e os seus perímetros de protección.
  • O requisito da garantía financeira, un seguro de responsabilidade civil, un plan de uso de catro anos e a devolución da situación ao estado orixinal despois do final do uso.
  • Marcar as condicións de accesibilidade, seguridade e as condicións hixiénicas sanitarias das instalacións e o seu mantemento no tempo.

Para regularizar estes espazos en funcionamento terán un prazo máximo de 12 meses. Con isto preténdese protexer este recurso co fin de garantir a saúde e así manter a seguridade das instalacións aos usuarios.

A partir desta lei, o mapa galego contará cun novo mapa termal que mostre todos os usos da auga ordenada e regulada, proporcionando garantías para os usuarios e especialmente para a propia auga termal que estará totalmente protexida en todo momento.

Unha aposta clara pola sostibilidade que favorecerá o sector turístico, o tecido empresarial e impulsará a actividade económica do interior de Galicia onde se atopa boa parte deste recurso.