A minaría de Galicia, materia prima do arte

2019-12-31T14:49:13+01:0031/12/2019|

A catedral de Santiago de Compostela está edificada e tallada nos mesmos materiais que se formaron ao longo de millóns de anos nos nosos solos: os minerais e as rochas de Galicia. Na construción da súa estrutura empregáronse granito, mármore, alabastro e pedra caliza. Para as singulares cubertas escalonadas, granito, que se complementa nalgunhas zonas con tella cerámica. Todo isto xunto con morteiro de cal, area e auga. Cando comezou a construción do monumento máis representativo da nosa terra, fai case mil anos, os arquitectos sabían que a variedade e a accesibilidade dos recursos mineiros galegos permitirían unha obra de arte que duraría séculos.

O Pórtico da Gloria, que foi redescuberto en 2018 grazas ao Programa Catedral de Santiago, promovido pola Fundación Catedral e a Fundación Barrié, é aínda máis rico en minerais de Galicia que o resto da estrutura.

A calidade do granito de gran fino e do mármore permitiron amosar o talento dos artesáns ó cinelar detalles e matices inimaginables. Pero tamén os artistas que pintaron a entrada principal da Catedral de Santiago en tres épocas diferentes usaron pigmentos minerais.

Produtos como o carbonato de chumbo, o sulfuro de mercurio, resina de cobre, carbonato de cobre e o carbón deron vida á pedra gris con vivos cores roxos, profundos verdes, brillantes azuis, vibrantes negros e alegres cores claras. Cubertas de láminas finas de ouro e prata trouxeron luz e reflexos a un conxunto espectacular. Estes mesmos produtos mineiros foron empregados polos científicos do equipo de restauración durante o seu traballo.

Granito de canteiras locais

Varios estudos científicos recentes permitiron resaltar que o granito de gran groso dos arcos e paredes da Catedral, o material máis resistente, provén de minas a ceo aberto das parroquias composteláns de Conxo e Vidán. Mentres que o máis delicado, o granito de gran fino que permite o exquisito traballo feito no Pórtico da Gloria, procede das canteiras de Vrins e Eirapedriña, no veciño municipio de Ames.

Sen dúbida, parte dos minerais dos pigmentos procedían de minas galegas, como foi a arxila das primeiras tellas cerámicas das cubertas. Podemos asegurar, entón, que sen a minaría de Galicia non existiría a obra de arte que conforma o conxunto catedralicio.

No Códice Calixtino tamén hai referencias de que os peregrinos medievais, ao pasar pola canteira de Os Cotelos, en Triacastela, recolleron unha pedra de cal que transportaban entre as súas pertenzas hasta Castañeda, no concello de Arzúa, onde os fornos suministraban as obras da catedral.

E estes camiñantes, como todos os que foron a Compostela polas diferentes rutas, puideron aliviar a súa fatiga grazas a outro importante recurso mineiro: as fontes termais, con augas mineromedicinais que lle deron fama a Galicia ao longo dos séculos.

Galicia, mineira dende a prehistoria

Dende o comezo dos tempos, os habitantes de Galicia utilizaron produtos mineiros para as súas ferramentas, as súas construcións e para expresar as súas preocupacións artísticas. O granito, a area, a lousa, a arxila e todo tipo de rochas e minerais foron extraídos de canteiras e minas mediante os métodos dispoñibles en cada momento. Unha das características que teñen en común os machados do Neolítico, o Pórtico da Gloria e os teléfonos móviles dos nos nosos petos é que están feitos da man do home cos minerais extraídos da terra.

A extracción de minerais e rochas de minas e canteiras, así como o uso de augas minerais para uso en balnearios e como bebida, sempre existiu en Galicia. Todo isto forma parte do seu patrimonio social e cultural. O exemplo da Catedral e do seu Pórtico marcou a arte e a arquitectura de Galicia desde momento. E non serían posibles sen a minaría. Estas canteiras próximas a Santiago e outras máis afastadas son o xerme da industria extractiva de Galicia, que en 2016 logrou exportacións de 250 millóns de euros, o que representa o 0,7% do PIB e que dá emprego de calidade directamente a 11.200 galegos.

Contido publicado orixinalmente en ‘El Correo Gallego’ o 08/09/2018