Áridos reciclados: unha segunda oportunidade e menos refugallos

2024-02-26T19:15:28+01:0023/02/2024|

Os áridos son materiais granulares formados por fragmentos de pedra cunha granulometría -tamaño- determinada. Pódense clasificar segundo este tamaño, con diámetros que van desde os 0,08 mm ata os 30 cm. A pesar de as súas pequenas dimensións teñen unha gran misión: ser un compoñente fundamental en calquera construción, xa que proporcionan resistencia e estabilidade ás estruturas. En calquera cidade do mundo estaremos rodeados de áridos, xa que están presentes nas estradas, en formigóns e morteiros, diques, no balastro do ferrocarril e un longo etcétera.

Os áridos son a segunda materia prima máis consumida despois da auga e representan máis do 50% dos recursos minerais consumidos en todo o mundo, pero de onde sae este material tan cobizado? necesitan algún tratamento antes de o seu uso?  Os áridos, do mesmo xeito que o resto das materias primas minerais extráense da terra, esta explotación pode levar a cabo en:

  • Canteiras: explotacións onde a pedra é compacta e para extraela é necesario o uso de voaduras. O material é obtido é triturado e clasificado en función das necesidades.
  • Graveras: explotacións de sedimentos, areas e gravas procedentes de depósitos aluviais. Neste caso, os materiais están soltos polo que se empregan equipos de arranque mecánico, a pedra extráese directamente do xacemento para a súa posterior clasificación en tamaños e composicións.

Pero esto non é todo, hai unha terceira fonte de áridos: a reciclaxe de residuos de construción e demolición (RCDs). Os áridos reciclados contribúen á sustentabilidade do sector da construción, ao reducir a necesidade de extraer novos materiais da natureza e ao aproveitar os residuos de construción existentes de maneira máis eficiente.

Aínda queda moito camiño por facer no ámbito dos áridos reciclados, que a día de hoxe só supoñen un 1% fronte aos áridos naturais. Con todo, a industria mineira leva anos enfocada con este tema. Arigal, a Asociación de Áridos de Galicia, colabora desde hai anos na xestión de áridos reciclados co obxectivo de optimizar as máis de 700.000 toneladas de residuos de construción e demolición xeradas ao ano na comunidade galega.

A reciclaxe de áridos non só supón a redución do consumo dos recursos naturais procedentes de canteiras e o aforro da enerxía que supón a súa extracción, senón que reduce os RCDs, e é que a construción supón unha das maiores fontes de residuos en Europa.

Os áridos reciclados pódense clasificar atendendo ao seu uso final:

  • Produtos con aplicacións estruturais. Dentro do paraugas de aplicacións estruturais atópanse as vigas e piares. Neste caso, os áridos reciclados han de provir de restos de formigón.
  • Produtos non estruturais. Dentro desta aplicación atopamos bloques, pavimento e mobiliario. O desenvolvemento de produtos prefabricados que nacen a raíz da utilización de áridos reciclados incrementou nos últimos anos.

Sinerxías entre os áridos naturais e os áridos reciclados

Poñendo o foco en Galicia, neste momento existen 82 empresas autorizadas para a valorización de residuos de construción e demolición, e entre elas atópanse produtoras de áridos naturais. As canteiras e empresas de áridos contan coa experiencia e os recursos necesarios para a xestión destes áridos renovables, o que conleva grandes beneficios e unha maior sustentabilidade para a industria dos áridos reciclados:

  • Experiencia: As empresas de áridos naturais teñen un longo percorrido na extracción, procesamento e distribución de áridos. Esto proporciónalles un coñecemento profundo dos materiais e procesos involucrados, o que facilita a transición á produción de áridos reciclados.
  • Infraestrutura existente: As canteiras de áridos teñen as instalacións e a maquinaria para o procesamento e a trituración de materiais. Esta infraestrutura adaptarse á produción de áridos reciclados, o que implica o aforro de recursos e enerxía.
  • Rede de distribución: As empresas de áridos naturais adoitan ter unha rede de distribución na industria da construción. Esto dálles unha vantaxe na comercialización de áridos reciclados aos mesmos clientes que xa atenden.
  • Coñecemento regulatorio: Esto inclúe permisos ambientais, estándares de calidade e outros requisitos legais que son aplicables tanto aos áridos naturais como ás reciclaxes.

O uso de áridos reciclados segue os principios da economía circular: extraer, producir, consumir, reutilizar e reciclar; e logo todo outra vez. Ademais, tendo en conta a lonxevidade de calquera edificación ou estrada, cada árido extraído conta cunha longa vida útil, polo que se trata dun material xa sostible a priori e que agora pode ter vidas infinitas grazas á súa reciclaxe.