Na actualidade, a balneoterapia converteuse nunha opción considerable para os pacientes, sobre todo cando se trata de reducir a dor, a rixidez e mellorar a mobilidade. A súa implementación tamén vai desde o tratamento de enfermidades respiratorias, traumatismos, artrites, ademais de ser un método recomendado para a redución da ansiedade e a tensión. Este procedemento realízase mediante un baño termal ou de augas mineromedicinais que nacen nos balnearios galegos, a mesma que emprega masaxes co fin de estimular e relaxar os puntos de dor.
Para levar a cabo este proceso impleméntanse diversos tipos de augas mineromedicinais que contan con beneficios que axudan a mellorar as doenzas e enfermidades dos pacientes. Este compoñente debe de posuír unha certa cantidade de propiedades fisicoquímicas e mantelas, co fin de ser o máis efectivas posibles. Entre as augas que se empregan están as seguintes:
- Augas sulfatadas: estas teñen como principal obxectivo aliviar problemas de dixestión e complicacións biliares.
- Augas cloruradas: normalmente empregadas nos tratamentos respiratorios e dermatolóxicos.
- Augas sulfuradas: o seu principal compoñente favorece á desintoxicación do organismo.
Galicia conta cunha gran cantidade de mananciais e afloramentos termais, esto deixa unha estampa importante na área de hidroterapia na comunidade. A raíz de esto, varios especialistas, desenvolveron a Cátedra de Hidroloxía Médica na Universidade de Santiago de Compostela, en conxunto coa Asociación de Balnearios de Galicia. Especialidade que leva máis de doce anos fomentando este tratamento e o estudo dos seus beneficios.
Recentemente empezaron a impartirse os cursos dirixidos aos estudantes de medicina dos últimos de carreira universitaria, para que se vaian penetrando a esta, non tan nova, disciplina. Os futuros médicos contarán con distinto contido sobre a balneoterapia, como, por exemplo: os principais usos desta terapia e as diferentes técnicas de hidroterapia que se poden empregar e os seus beneficios. Así mesmo, tamén experimentan en directo como son estes tratamentos, xa que a formación inclúe a visita a varios balnearios da comunidade onde poderán formar parte práctica desta terapia.
Esta Cátedra ten outras arestas que tamén son importantes de mencionar como a súa colaboración entre diversos investigadores da área, profesores e profesionais internacionais, así como descríbeo o expediente educativo da Cátedra. Cursos, seminarios e conferencias son algúns dos espazos que vanse habilitar co fin de fomentar o coñecemento e difusión da mesma, así como promover a investigación da hidroloxía co fin de seguir nutrindo e enriquecendo esta ferramenta terapéutica.
A hidroterapia como tratamento de lumbalxia e fibromialxia
En 2023, levouse a cabo a primeira sesión da cuarta edición do ciclo informativa na que se promove o valor das augas termais en diferentes tratamentos medicinais. Esta sesión, tivo como nome, ‘A saúde é o que importa’ e tivo lugar no salón do Hotel Araguaney, a mesma que foi impulsada pola Cátedra anteriormente mencionada. Este evento consistiu dunha mesa redonda en donde conversaron diversos temas sobre a técnica de hidroterapia para aliviar diferentes doenzas. Especialistas de renome formaron parte deste espazo, entre eles están os doutores Jorge Blanco e Rosa Meijide, médico de Reumatoloxía do CHUS e Catedrática universitaria en Hidrología Médica, respectivamente.
Durante o coloquio, Blanco manifestou como o tratamento de hidroterapia pode ser de gran utilidade en dores lumbares. Varios expertos sinalan que este tipo de doenzas poden presentarse na maioría da poboación entre as idades de 25 a 45 e son a principal causa do 15% de baixas laborais, así o indica a noticia publicada no Correo Galego. En esto baseouse Blanco para expoñer as vantaxes que ten a balneoterapia entre estas a aceleración do proceso de recuperación das dores lumbares.
O especialista tamén recalcou que este procedemento carece de efectos secundarios nos pacientes, a diferenza dos analxésicos e antinflamatorios que se receitan para este tipo de dor, o fígado, os riles e o corazón son algúns dos que poden chegar a ser afectados por este tipo de medicamentos. Esto pode chegar a empeorar a situación do paciente e agravala.
Doutra banda, Meijide resalta que este tipo de tratamentos tamén favorecen aos pacientes que teñen fibromialxia, enfermidade crónica que consiste en dores moi intensas que chegan a limitar a mobilidade dos mesmos. Esta enfermidade está presenta en máis do 40% da poboación e os síntomas poden verse a partir dos 20 anos de idade, a doutora manifesta que esta terapia axuda a reducir os puntos e intensidade de dor, ademais do cansazo, o soño e o estado emocional.
Terapia para a recuperación poscovid
Varias persoas víronse moi afectadas polo covid-19, dentro dos síntomas que persisten está a fatiga, o cansazo, problemas respiratorios ou cardíacos, dores musculares, entre outros. A raíz de esto implementouse un tratamento para axudar a estes pacientes, o tratamento consta de inhalacións, baño de burbullas e ducha circular, segundo explícao o doutor Elías Fiesta.
A esta proposta sumouse o balneario de Augas Santas en Lugo, onde se empregan técnicas de presión, técnicas respiratorias e a hidroterapia, empregando as propiedades térmicas e exercicios dentro da auga, co fin de axudar aos pacientes con secuelas de COVID.