Guía dos museos mineiros de Galicia

2019-05-16T20:43:11+02:0016/05/2019|

Coñecer a minaría de Galicia é unha actividade para realizar en familia cunha visita aos museos mineiros. En distintos puntos da comunidade existen iniciativas para divulgar o coñecemento da xeoloxía, do chan e da actividade mineira. A maioría atópanse en comarcas con presente e pasado de minas e canteiras, e todos contan con importantes coleccións de minerais.

Museo dos Minerais de Galicia – Porriño (PO)

Emprazado na comarca de extracción de granito máis importante de Galicia, este museo conta cunha importante colección de minerais. Nesta exposición se poden ver:

  • Propiedades dos minerais
  • Usos dos minerais
  • Colección de minerais e rochas
  • Colección de fósiles

Onde: Centro Tecnolóxico do Granito. Ribeira, s/n, Torneiros. 36410. O Porriño (Pontevedra)

Entrada gratuíta.

Máis información e horarios, na web Museo dos Minerais de Galicia.

Museo de Historia Natural USC – Santiago de Compostela (AC)

Á iniciativa de divulgación científica da Universidade de Santiago de Compostela (USC) non lle podía faltar unha zona de minerais e rochas. Os fondos do museo, cuxo xerme é de 1840, foron achegados por investigadores, profesores, alumnos e por científicos galegos dos últimos 200 anos. Nesta exposición pódense ver:

  • Colección de minerais e rochas
  • Exposición sobre o solo
  • Exposición sobre xeodiversidade
  • Ademais, o museo conta con exposición de fósiles e unhas completas salas de bioloxía e zooloxía.

Onde: Museo de Historia Natural da USC. Parque de Vista Alegre, s/n. Santiago de Compostela

Entrada: 1-3 euros

Máis información e horarios, na web do Museo de Historia Natural da USC.

Poboado Mineiro de Fontao -Vila de Cruces (PO)

O poboado da mina O Fontao, destinada á extracción de wolframio e estaño, foi abandonado na década de 1970. A arquitectura e o urbanismo planificado da localidade están catalogados pola Fundación Docomo como exemplo de equipamentos modernos singulares.

No Museo pódense ver unha mostra fotográfica sobre a mina, unha colección de pezas cedidas pola Xunta de Galicia e unha exposición do Instituto Xeolóxico Mineiro de España (IGME).

Onde: Poboado Mineiro de Fontao. 36583. Vila de Cruces (Pontevedra)

Entrada: Entrada gratuíta con reserva previa

Máis información e horarios, na web do Museo de Fontao.

Minas de San Finx – Lousame (AC)

A riqueza de minerais (cuarzo, estaño e wolframio) na zona de San Finx xa era explotada na Idade de Bronce e, con diversas interrupcións, mantense ata a actualidade. Pero sen dúbida a febre do wolframio durante a II Guerra Mundial, fixo que a produción se disparase.

Nas zonas visitables de San Finx, recuperadas e postas en valor na década de 2000, pódense apreciar instalacións de labores, equipamento, fornos e construcións destinadas á minaría do wolframio, que estivo en funcionamento ata 1989. Entre 2007 e 2017 o museo mineiro recibiu 7.000 persoas en visitas guiadas.

Onde: Minas de San Finx. Santa Eulalia de Vilacova. 15212. Lousame (A Coruña)

Máis información na web do Concello de Lousame.

Museo da Minaría – Cerceda (AC)

O impacto paisaxístico e social da mina de Meirama en Cerdeda (A Coruña) está reflectido neste museo municipal, situado nunha antiga estación de ferrocarril. Recolle unha explicación da orixe do carbón, os seus tipos, así como as repercusións económicas, sociais e laborais da extracción do lignito pardo entre 1974 e 2007. Neste museo reflíctense os traballos de extracción do mineral durante 30 anos, así como a posterior e exemplar recuperación ambiental do terreo para crear o lago de Meirama.

Onde: R/ Picota, 14. Meirama. 15188-Cerceda (A Coruña)

Máis información e horarios, na web do Concello de Cerceda.

Museo Xeolóxico – Quiroga (LU)

A Sierra do Caurel conta cun importante pasado mineiro debido á riqueza dos minerais do seu subsolo. Na localidade de Quiroga atópase un pequeno museo cinco salas temáticas: a formación do territorio de Galicia; historia paleontolóxica de Galicia; a última idade do xeo; os primeiros poboadores da zona e o uso da pedra; e a minería desde a antigüidade ata os nosos días.

Onde: Museo Geológico. Rúa Caurel, s/n. 27320 Quiroga (Lugo)

Máis información na web do Concello de Quiroga.

Máis oferta de turismo mineiro en Galicia

A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) ofrece información turística relativa ao turismo de minaría e xeoloxía na súa páxina web. Alí pódense consultar lugares de patrimonio mineiro e rutas xeolóxicas nas catro provincias.