Para que a sociedade se beneficie dos seus recursos mineiros é necesario seguir un proceso que comeza pola solicitude dun permiso de investigación. Estes permisos son unha peza clave no proceso de aproveitamento dos minerais, xa que permiten ás empresas avaliar a viabilidade dunha posible explotación.

En España, estes permisos están regulados pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de Minas, e o seu regulamento de desenvolvemento, aínda que cada comunidade autónoma ten competencias na súa tramitación e control.

Para comprender a importancia destes permisos, é esencial diferencialos doutras autorizacións dentro do ciclo mineiro. Mentres que un permiso de exploración permite estudos superficiais sen impacto significativo, o permiso de investigación autoriza perforacións e sondaxes para determinar os recursos minerais presentes no subsolo. Non obstante, a súa concesión non implica o dereito a explotar o xacemento; para iso é necesario obter unha concesión de explotación posterior.

Concepto e características dos permisos de investigación

O permiso de investigación mineira concede ao seu titular o dereito a realizar estudos detallados sobre unha zona concreta durante un período de ata tres anos, con posibilidade de prórroga. Outórgase sobre cadrículas mineiras, que son unidades de terreo que abarcan 27 ou 28 hectáreas e que permiten unha xestión ordenada do territorio.

En Galicia, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, é a entidade encargada de xestionar estes permisos, avaliando que os proxectos cumpran cos requisitos técnicos, sociais e ambientais requiridos. Recentemente, a comezos de 2025, a Xunta convocou un concurso para reactivar dereitos mineiros caducados, co obxectivo de fomentar a exploración e o aproveitamento sostible dos recursos xeolóxicos da rexión.

Permisos mineros

Clasificación de los recursos mineros según la legislación española

Os recursos minerais en España clasifícanse en catro seccións, segundo a súa natureza e valor:

  • Sección A: Recursos de escaso valor económico e comercialización xeograficamente restrinxida, empregados en usos que non requiren máis operacións que as de arranque, machaqueo e clasificación, como áridos e arxilas.
  • Sección B: As augas minerais e termais, así como os estériles e infraestruturas subterráneas de antigas explotacións.
  • Sección C: Técnicamente comprende todos los recursos que están las otras tres secciones, entre los que destacan minerales de alto valor estratégico, como pizarra, granito, cuarzo y metales.
  • Sección D: Recursos enerxéticos, como carbón e minerais radiactivos.

Os recursos das seccións C e D son considerados de interese público e a súa concesión outórgalles a calidade de utilidade pública. En Galicia, a minería de lousa, granito e cuarzo ten unha gran relevancia económica, polo que os permisos de investigación nestes ámbitos resultan fundamentais para o mantemento e crecemento do sector.

Procedemento para a solicitude dun permiso de investigación

A tramitación dun permiso de investigación en Galicia segue un proceso estruturado que inclúe os seguintes pasos:

  1. Presentación da solicitude ante a autoridade mineira autonómica, especificando a zona de interese definida en cadrículas mineiras. Esta presentación incluirá, entre outros documentos:
    • Un proxecto técnico, onde se detallan os estudos a realizar, a metodoloxía e os obxectivos da investigación,
    • Un plan de restauración das labores de investigación realizadas,
    • Un estudo de impacto económico e social, que recolla ditos impactos sobre a contorna,
    • Acreditación de solvencia técnica e económica do solicitante.
  2. Publicación da solicitude e fase de alegacións, permitindo a participación de terceiros interesados. Durante esta fase, as diferentes administracións efectuarán a avaliación dos traballos desde os puntos de vista técnico, social e ambiental.
  3. Resolución e concesión do permiso, cunha duración inicial máxima de ata tres anos.

Se durante o proceso de alegacións se presentan obxeccións fundamentadas, a administración pode requirir modificacións na solicitude ou mesmo denegala, se se considera que a investigación podería ter impactos significativos non mitigables. Nestes casos, a empresa pode presentar un recurso administrativo ou adaptar o seu proxecto para cumprir cos requisitos establecidos.

Se, pola contra, non hai obxeccións fundamentadas e os resultados da investigación son positivos, o máis normal é que exista interese por extraer os recursos. Nese caso, deberá solicitarse, como mencionamos anteriormente, unha concesión de explotación, o que implica levar a cabo novos estudos e obter novas autorizacións específicas.

Perspectiva en Galicia: potencial e desafíos

O sector mineiro galego conta cun notable potencial debido á presenza de minerais estratéxicos. A convocatoria recente para a reactivación de dereitos mineiros caducados busca incentivar a investigación e o aproveitamento destes recursos baixo criterios de sustentabilidade.

Na actualidade, un dos principais retos ten que ver coa burocracia, fundamental para axilizar os trámites administrativos e evitar demoras innecesarias na concesión de permisos. Ademais, a necesidade de garantir a compatibilidade coa normativa ambiental require estudos exhaustivos que poden aumentar os prazos dos proxectos. Non obstante, a existencia dun marco regulador sólido tamén achega unha seguridade xurídica incuestionable ás empresas interesadas en investir na exploración de recursos minerais na rexión.

Para poder seguir desenvolvendo este sector con tanto potencial en Galicia, os permisos de investigación mineira son un instrumento clave e a súa correcta planificación e xestión é moi importante para avaliar a viabilidade de futuras explotacións. O seu impulso representa unha oportunidade para dinamizar a exploración e potenciar a competitividade do sector, garantindo un equilibrio entre desenvolvemento económico e sustentabilidade.