Que é Minaría Sostible de Galicia?
Minaría Sostible de Galicia é unha iniciativa da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), unha corporación de dereito público e un órgano consultivo da Administración, tutelada pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. A COMG representa ao sector industrial dos recursos minerais en Galicia: empresas mineiras, balnearios e augas minerais, agrupando ás persoas físicas e xurídicas que realizan actividades relacionadas con calquera fase do ciclo mineiro.
Ademais, participan da iniciativa Minaría Sostible de Galicia, as seguintes entidades:
- Clúster do Granito
- Clúster da Pizarra de Galicia
- Asociación Galega de Áridos (Arigal)
- Asociación Galega da Propiedade Balnearia
- Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural
- Asociación Provincial de Graniteros de Ourense
- Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía (Universidade de Vigo)
- Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal (Universidade da Coruña)
- Colexio Oficial de Xeólogos
- Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste
- Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Graos en Minas e Enerxía de Galicia
Coa colaboración do:
- Instituto Geológico y Minero de España (IGME)
Minaría Sostible de Galicia é unha marca rexistrada pola COMG.
Os obxectivos de Minaría Sostible de Galicia son:
- A promoción do sector mineiro de forma sostible, a través da investigación e da divulgación.
- A difusión de traballos, estudos e avances realizados en relación ás actividades extractivas.
- A creación de contidos con información actualizada e de interese para a cidadanía con relación ás actividades mineiras.