Visita guiada pola ría de Vigo: unha oportunidade única de coñecer o pasado mineiro da zona

2024-09-16T09:43:03+02:0003/09/2024|

As prazas para participar na actividade están completas. Se o desexas, podes inscribirche na lista de reserva no correo oficina.tecnica@camaraminera.org

O vindeiro sábado 3 de agosto, a Cámara Oficial Mineira de Galicia organiza un roteiro mineiro en barco para que os interesados poidan coñecer os cargadeiros de mineral de Rande e do Coto Wagner. Trátase dunha actividade gratuíta organizada a través de Minaría Sostible de Galicia, mediante o programa MInaTUR, en colaboración coa Xunta de Galicia.

cargadero-mineria-sostenible

O cargadero de Rande construíuse nos anos 20 e era o punto desde o que partía a produción de ferro extraída da mina de Freixo (Monforte de Lemos). Estímase que durante a súa vida útil puideron embarcarse desde este cargadeiro un total de 500.000 toneladas de mineral.

Mentres que a construción do cargadeiro de Coto Wagner levouse a cabo entre 1960 e 1964, e era o lugar de embarque do mineral de ferro que viña de León, con destino a países como Alemaña, Inglaterra e Holanda. Nos dez anos de funcionamento do cargadero foron embarcadas un total de 4.322.175 toneladas.

Estas instalacións constitúen unha significativa referencia da arquitectura portuaria do século XX e do seu uso en relación coa minaría, o comercio e a exportación.

Os participantes poderán coñecer o histórico enclave da man do xeólogo Eduardo Gómez Clavijo, a través dun roteiro en barco de 17 km de ida e volta desde o Náutico de Vigo ata a zona da ponte de Rande. Ademais, o roteiro terá unha parada no Museo Meirande, o centro de interpretación da Batalla e do Patrimonio Cultural de Rande.

A actividade empezará ás 09:45 h. no Náutico de Vigo. A duración aproximada da visita é de 4 horas. A inscrición é gratuíta e obrigatoria, xa que as prazas son limitadas.