Xornada de posta en valor dos resultados da OIPE2023-11-30T09:34:45+01:00
msg-logo-negro

Co apoio de:

msg-logo-negro

Co apoio de:

Xornada de posta en valor dos resultados da OIPE
29 de Novembro – FEUGA (Santiago de Compostela) ou online

Evento para o seguimento e a valoración das accións levadas a cabo pola Oficina para a captación, a coordinación e o seguimento de fondos europeos de investigación, innovación e modernización (OIPE). 

oipe-mineria

FEUGA (Fundación Empresa – Universidade Galega) acollerá o día 29 de novembro ás 10:00 a Xornada de posta en valor dos resultados da Oficina para a captación, a coordinación e o seguimento de fondos europeos de investigación, innovación e modernización. Unha xornada á que tamén se poderá asistir de forma online.

Un evento no que se presentarán os resultados obtidos na actividade da OIPE a través de:

  • Os diferentes fitos desenvolvidos.

  • As candidaturas destacadas.

  • Obxectivos para 2024.

Para iso, contaremos con profesionais do ámbito da coordinación de proxectos europeos que realizarán unha introdución dos diferentes tipos de financiamento e os mecanismos de captación. 

Programa

  • 10:00h. Recepción e acreditación.
  • 10:30h. Apertura do evento
    • Invitado da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia. 
    • D. Juan José López, Presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG).
  • 10:45 h. Fitos desenvolvidos pola OIPE.
    • D.ª Arantxa Prado. Directora da COMG (modera).
    • D. ª Sara López. Membro do departamento técnico da COMG.  
  • 11:00 h. Porfolio de proxectos priorizados tras a análise de necesidades do sector.
    • D.ª Arantxa Prado. Directora da COMG (modera).
    • D. Antonio de la Cruz. Socio e Director en Estrategia y Organización S.A. (EOSA).
    • D. Luis Toriño. Xerente Área de Innovación en Estrategia y Organización S.A. (EOSA).
    • D. ª Maruxa Fernández. Coordinadora de Proxectos Europeos e Cooperación Territorial en Estrategia y Organización S.A. (EOSA). 
  • 11:30h. Metodoloxía de traballo no mapeado convocatorias e introducción de tipos de financiación europea.
    • D.ª Arantxa Prado. Directora da COMG (modera).
    • D. Adrián Prol. Xestor en innovación e proxectos nacionais en Fundación Empresa – Universidade Galega (FEUGA).  
    • D. Joao Domingues. Xestor de innovación e proxectos europeos en Fundación Empresa – Universidade Galega (FEUGA).  
    • D.ª Noelia Vilar. Directora de innovación e transferencia tecnolóxica en Fundación Empresa – Universidade Galega (FEUGA).  
  • 12: 00 h. Agradecementos e peche.
    • D. Juan José López. Presidente da COMG.
    • D.ª Arantxa Prado. Directora da COMG.
  • 12.00h. Café.

Inscríbete

O prazo de inscrición rematou.

Co apoio de:

Organizado por:

Como chegar

Se acudes de maneira presencial, o evento levarase a cabo na sede de FEUGA no Campus Vida – Rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15705, Santiago de Compostela, A Coruña.

Para máis información sobre a xornada, contacta connosco na dirección de correo electrónico comunicacion@camaraminera.org