Minaría e paisaxe. Bos exemplos da industria extractiva galega

2022-06-30T09:00:06+02:0030/06/2022|

Se facemos un percorrido ao longo da historia da humanidade ata os nosos días, comprobaremos que a explotación dos recursos minerais contribuiu ao desenvolvemento das nosas culturas; unha realidade que podemos ver no noso día a día.

A actividade mineira quedou gravada na nosa paisaxe, e é que, pola natureza dos produtos minerais, a actividade mineira está estreitamente ligada ao territorio, que fixa poboación nas zonas rurais, polo que a sustentabilidade e o respecto polos valores naturais, paisaxísticos e socioeconómicos son condicións fundamentais.

A riqueza paisaxística de Galicia é un ben que debemos conservar, mentres que a riqueza mineral coa que contamos na nosa comunidade é un ben que debemos aproveitar para desenvolver outras actividades que dependen directamente destes recursos: agricultura, gandería, construción, industria tecnolóxica e automobilística e un longo etcétera.

Ante estas dúas realidades xorde inevitablemente unha pregunta: é compatible a actividade mineira coa paisaxe? A resposta é un rotundo si. E neste post explicámoscho.

A minaría do S. XXI é compatible co medio ambiente e a protección da paisaxe. Isto inclúe todo o proceso mineiro, desde a exploración ata a restauración final pasando polos anos que dure a explotación do recurso. Son numerosas as normativas que preservan a paisaxe de Galicia e permiten que nel convivan outras actividades relacionadas co medio rural.

De feito, a lei mineira do 1973 xa priorizaba a protección do medio ambiente. Máis adiante, a Lei 3/2008 recoñecía que a minaría en Galicia é un sector que ten impactos para o medio e a ordenación territorial, para o que se estableceu un marco regulatorio coherente que busca conciliar o desenvolvemento do sector mineiro e a protección dos bens naturais da comunidade.

O Real Decreto 975/2009, sobre a xestión de residuos das industrias extractivas e a protección e rehabilitación da zona afectada polas actividades mineiras, ten como obxectivo ‘establecer medidas, procedementos e directrices para previr ou reducir posibles efectos adversos sobre o medioa mbiente’.

A normativa galega vixente respecto diso é extensa, pero, ademais as empresas mineiras están plenamente comprometidas coa sustentabilidade. Protexer a paisaxe significa aproveitar mellor os recursos e salvagardar o medio que fai posible a actividade.

Exemplos de boas prácticas paisaxísticas na minaría de Galicia

Carballeda de Valdeorras, Ourense. Técnicas de restauración en canteiras de lousa

O sector da lousa é un dos maiores impulsores da economía da provincia de Ourense. Nas montañas de Carballeda de Valdeorras concéntranse explotacións desta pedra natural.

Para a restauración dos vertedoiros producidos pola actividade téñense en conta múltiples factores da zona: chan, pendente, leitos de ríos, flora e fauna, entre outros. Unha das técnicas máis usadas nos últimos anos é a hidrosembra, onde se aplica unha mestura de plantacións estudada para esta zona concreta, na que se inclúe algunha especie alóctona polos bos resultados que ofrece.

Esta técnica está a dar bos resultados, onde predomina a vexetación formada por herbáceas e arbustos, e vexetación autóctona, como bidueiros. Ademais, mantéñense afloramientos de roca alterada para permitir o desenvolvemento de insectos e pequenos mamíferos.

Mina Ferro, O Porriño. Restauración dunha canteira de granito

A industria da roca ornamental tamén ocupa un lugar central na economía de Galicia, concretamente na provincia de Pontevedra, no Porriño.

Aquí localízase tamén un dos mellores exemplos de restauracións mineiras, executada por Pocasa: a restauración da canteira de Ferro. Esta iniciouse co recheo do oco explotado, onde 300.000 metros cúbicos foron cubertos con rocas e materiais sobrantes das obras de creación do AVE de Galicia. Outro material de recheo procede de serríns de granito de plantas de transformación próximas, fomentando a economía circular.

A reforestación do terreo levou a cabo con 1.000 piñeiros e con especies de arbustos, converténdose nun dos ecosistemas máis ricos de zona. Ademais, levaron a cabo hidrosiembras para evitar a erosión e permitir fixar a vexetación.

restauracion-mina-ferro-1

Tamén no Porriño localízase a canteira de Vilafría, un espazo mineiro que demostra que durante o período de restauración tamén se lle pode dar un uso social á o oco. Así nesta antiga canteira de granito que está en proceso de restauración, celébrase o ‘ Sons da Canteira’, un festival de música que en 2021 celebrou a súa segunda edición e que impresiona aos asistentes pola súa localización, na que aínda se manteñen as frontes da canteira.

cantera-vilafria-festival

Explotación de Frades. Restauración no sector cerámico

A empresa Tejas Verea restaurou recentemente una das súas explotacións de arxila na provincia da Coruña. Trátase da canteira de Frades, actualmente convertida en humidal.

A execución da restauración comezou co recheo do espazo, principalmente con terra vexetal que se extraeu previamente durante a actividade mineira previa á extracción da arxila. Nesta restauración tamén cobrou importancia a hidrosembra mediante unha mestura de sementes herbáceas, fertilizantes a base de calcaria magnesiana para a corrección do pH e tamén estabilizantes orgánicos.

O resultado foi a creación dun novo hábitat, con arboledo de ribeira, como salgueiros, bidueiros e unha zona de pradería. Este humidal forma partea ademais da rede anti-incendios.

restauracion-frades-tejas-verea-1

Guía da paisaxe de Galicia

En 2021, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou coa colaboración do Instituto de Estudos do Territorio, a Universidade de Vigo e a Cámara Oficial Mineira de Galicia, a ‘Guía de boas prácticas para a integración paixasística dás actividdes extractivas’-

Unha ferramenta de consulta permanente para o sector extractivo e que presenta criterios e recomendacións para a integración na contorna na que se localizan este tipo de instalacións e para todas as súas fases.

A guía contén unhas medidas de carácter xeral, relativas a aspectos comúns a todo tipo de explotacións e de recursos, como poden ser os criterios para o acondicionamento da vía de servizo, a elección de especies vexetais ou o deseño das instalacións.