Minaría moderna, minaría de transferencia

2019-06-10T10:15:02+02:0010/06/2019|

A minaría, do mesmo xeito que outras actividades humanas como a industria, a agricultura ou a edificación, ten un impacto no territorio e na paisaxe en forma de movemento de terras a gran escala. Consciente disto, a industria mineira ten desenvolvido nas últimas décadas sistemas para a mitigación deste impacto.

Un destes sistemas é a minaría de transferencia, unha técnica mineira que ten consideración a nivel internacional de ‘Mellor Técnica Dispoñible’ pois minimiza a superficie afectada da explotación, limitando a formación de vertedoiros, xa que a maior parte do material estéril (a terra sen minerais valiosos) utilízase para encher ocos unha vez esgotados os minerais.

A minería de transferencia baséase en escavar o oco mineiro por fases, no canto de facelo dunha soa vez (como ocorría na minaría tradicional). Isto permite encher os ocos despois de cada fase a medida que avanza o proceso, devolvendo ademais a terra vexetal á súa orixe. Isto permite que haxa menos terreo en explotación ao mesmo tempo, facendo que o impacto sexa menor.

Que é a minaría de transferencia?

Para levar a cabo un proceso de minaría de transferencia realízase unha primeira escavación que permite ter acceso ao mineral, dando orixe a un oco inicial e a consecuente acumulación de material estéril nun vertedoiro exterior fóra da zona de traballo.

Unha vez explotado ese oco e aproveitado o seu mineral, realízase unha segunda escavación. Os seus estériles deposítanse no primeiro oco inicial, transferíndoos e enchendo así un oco con outro sucesivamente. Así a área real de traballo se despraza progresivamente na dirección de avance do xacemento de maneira controlada.

Mentres que na minería tradicional a terra queda inactiva ata o final da vida da mina, a minaría de transferencia restáuraa durante o propio proceso, evitando así alterar a súa calidade.

O método de transferencia permite a vertedura de estéril (a terra con baixo grao mineral) no oco que se vai formando durante a extracción mineral, desta maneira, constitúe unha opción de minaría sostible.

Vantaxes da minaría de transferencia

Este método é capaz de ofrecer numerosas vantaxes fronte ás tradicionais técnicas de minaría a ceo aberto:

  • Mínimo impacto ambiental. Grazas á restauración continua da contorna mentres a explotación da mina vai avanzando, permítese recolocar o estéril nun prazo mínimo de tempo favorecendo a recuperación da contorna.
  • Menor superficie afectada, xa que o propio oco mineiro serve de acumulación de estéril e así se reduce o espazo necesario para o almacenamento en superficie.
  • Aforro de auga. Ao reducir a superficie de corta exposta se disminúese a cantidade de auga de choiva que cae na mina e por tanto a cantidade a tratar.

A minaría de transferencia é unha técnica moderna, sostible e comprometida co medioambiente. Unha das súas principais características é que non quedan ocos ou lagos mineiros, senón superficies restauradas e integradas na paisaxe.

A minaría de transferencia é o método operativo que poñerá en práctica o Proxecto Touro, e permite a restauración e a integración na contorna de ocos mineiros e depósitos de estériles de forma paralela á explotación.

Outra das técnicas mineiras eficaces para a minimización do impacto dunha mina é o backfilling, que consiste no recheo dos ocos mineiros con material sobrante do procesado do mineral. Este material extraído da mina devólvese á mesma compactado e tratado para aumentar a súa capacidade estrutural, mellorando a estabilidade do terreo e evitando o almacenamento en vertedoiros de grandes volumes. Esta técnica emprégase nas minas subterráneas modernas como a do proxecto Geoalcali en Navarra.