O presidente do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos presentou o libro ‘¿Para qué sirve la geología?’

2019-08-19T14:32:07+02:0015/08/2019|

Manuel Regueiro y González-Barros, presidente do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos ( ICOG) e xefe da área de Rochas e Minerais Industriais e da área de Relacións Externas e Transferencia do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME); e Macarena Regueiro de Mergelina, dramaturga e actriz, acaban de presentar no Museo de Arte Contemporánea de Corme (Carballo, A Coruña) o seu libro ¿Para qué sirve la geología?.

No acto de presentación tamén interviñeron Lois García Carballido, alcalde de Ponteceso; Juan Ramón Vidal Romaní, xeólogo e catedrático da UDC; Pablo Núñez, delegado en Galicia do ICOG e Diego López, director da Cámara Oficial Mineira de Galicia, entidade que, do mesmo xeito que o Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos, pertence á plataforma Minaría Sostible de Galicia.

¿Para qué sirve la geología? é unha obra divulgativa que vira ao redor do labor do xeólogo e o idioma das pedras, onde se mesturan capítulos didácticos con historias reais de xeólogos e os seus traballos de campo nun estilo máis literario co fin de achegar a utilidade destes profesionais á sociedade.

mineria-galicia-presentacion-geologia-icog

Segundo Regueiro: “Este libro é un compendio de 40 anos de experiencia persoal, pero tamén da doutros xeólogos que a compartiron comigo”.

Regueiro define a xeoloxía como “unha ciencia que proporciona unha nova perspectiva da contorna cotiá” e engade que “os estudos xeolóxicos están dirixidos ao coñecemento da Terra”. Neste contexto, os xeólogos teñen moito que achegar ao desenvolvemento das sociedades: desde o control de riscos naturais como terremotos, erupcións volcánicas ou inundacións ata a procura de augas subterráneas pasando pola exploración das rocas e minerais e das súas aplicacións.

As investigacións xeolóxicas tamén fan posible que este desenvolvemento humano sexa compatible co coidado do medio ambiente a través da investigación de novas fontes de enerxía como a xeotermia, a investigación do impacto ambiental das explotacións mineiras ou o control do cambio climático.

Pola súa banda, Macarena Regueiro, coautora e filla de Manuel Regueiro, puxo de manifesto o que significou ter un pai xeólogo e “entender a vida desde a xeoloxía”. A dramaturga define este libro como “unha obra técnica e poética á vez”.

Pablo Núñez destacou o valor divulgativo da obra: “Axúdanos a que a sociedade e o resto das profesións coñezan como é o día a día dun xeólogo e axúdanos a poñer en valor o noso labor”.

A Costa da Morte: candidata a patrimonio da UNESCO

Corme, a localidade elixida para a presentación do libro, está intimamente ligada ao autor ao tratarse do lugar onde leva décadas veraneando coa súa familia. Ademais, esta zona coruñesa tamén é unha proba das marabillas que a xeoloxía nos permite observar, xa que se encadra dentro da Candidatura Xeoparque Costa da Morte: un proxecto que abarca 2.000 quilómetros cadrados e quince concellos e que podería converterse na segunda zona de Galicia en recibir a denominación da UNESCO tras o nomeamento hai uns meses do Xeoparque Montañas do Courel.

Para Vidal Romaní o granito e a lousa características de Galicia tamén falan da súa historia e da historia do mundo en xeral, son probas de que a nosa comunidade foi unha peza crave na formación dos continentes: “A lousa da Costa da Morte formouse fai 542 millóns de anos a partir de sedimentos acumulados no fondo de mares afastados que logo quedaron atrapados na colisión de dúas grandes placas continentais: Gondwana e Laurrusia que se xuntaron formando Pangea, o maior continente que xamais existiu”.

Vidal Romaní falou tamén de como se definiu o perfil da Costa da Morte fai millóns de anos, onde se atopan algúns dos cantís rochosos máis altos de Europa, como o Monte Pindo. E describiu tamén as peculiaridades das praias de areas desta zona e as praias de cantos, formadas durante os interglaciares co nivel do mar alto.

Lois García, alcalde de Ponteceso, engadiu que A Costa da Morte non se pode quedar fóra do selecto club dos Xeoparques. E tamén quixo falar dunha das actividades humanas máis relacionadas coa xeoloxía: a minaría, incidindo en que “hai que apostar pola minaría sostible”.

A minaría sostible en Galicia

Pola súa banda, Diego López, declarou que do mesmo xeito que a xeoloxía, a minaría sofre un gran descoñecemento e desconfianza por parte da sociedade. E deixou constancia das accións que se están levando a cabo para cambiar esta situación desde a plataforma Minería Sostible de Galicia.

López destacou a posición estratéxica deste sector, xa que “del depende o 70% da industria europea e xera o 13,5% do PIB”. E defendeu a explotación racional e ordenada dos recursos minerais mediante técnicas modernas e sustentables co medio: “A minaría española é pioneira a nivel mundial establecendo normas para regular a minaría sostible”. E incidiu en que en Galicia cúmprense os obxectivos da minería sustentable, “satisfacendo a demanda, con produtos que teñen unha trazabilidade e non son froitos de prácticas abusivas”. Destacando que ademais contribúe á economía circular.

Ademais fixo fincapé en que a minaría “xera 11.200 empregos na nosa comunicade e é unha forma de loita ante a Galicia baleirada, sendo sinónimo de desenvolvemento rural onde a maioría das explotacións pertencen a pemes e familias”.