Innovación2019-02-12T13:32:22+01:00

Innovación e coñecemento

A minaría e a investigación científica

A minaría de Galicia é un sector dedicado á investigación e ao desenvolvemento. Os organismos intermedios, como asociacións e agrupacións, promoven a innovación entre os seus membros e permiten o avance tecnolóxico na explotación dos minerais de Galicia. Ademais, hai moitas empresas mineiras que realizan os seus propios proxectos para mellorar a eficiencia dos seus procesos e a mellora dos seus produtos.