A COMG organiza unha ruta de patrimonio xeomineiro no Pico Sacro

2024-09-19T10:50:44+02:0016/09/2024|

A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) segue a promocionar e poñer en valor o patrimonio xeomineiro de Galicia, esta vez a través dunha visita guiada o pasado sábado 14 de setembro ao emblemático Pico Sacro, ubicado entre os municipios de Boqueixón e Vedra, na provincia da Coruña. Esta ruta, que está enmarcada dentro do programa MinaTUR, desenvolvido por Minaría Sostible de Galicia e en colaboraboración coa Xunta de Galicia, é a segunda que se organiza este 2024 no marco deste convenio, despois da que se levou a cabo o 3 de agosto aos cargadeiros de mineral de Rande. 

O percorrido, duns 7,5 kilómetros, contou coa presenza da conselleira de Economía e Industria da Xunta, María Jesús Lorenzana, el director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, o subdirector de Recursos Minerais e os alcaldes de concelleiros dos concellos de Boqueixón e Vedra. En total, déronse cita un total de 55 persoas nesta ruta de sendeirismo que transcorreu desde o Pico Sacro ata o Mirador de Gundián.

Durante o camiño, realizáronse varias paradas nas que o xeólogo Eduardo González Clavijo explicou a orixe xeolóxica do filón de cuarzo, moi común na zona, e outras curiosidades sobre o Pico Sacro, a minaría, as aplicacións deste mineral e a estratéxica localización dos viadutos que cruzan o río Ulla.

O Pico Sacro é moito máis ca un emblema da paisaxe galega: é unha testemuña viva da historia xeolóxica da rexión. Este monte, composto principalmente por un filón de cuarzo, orixinouse durante un antigo proceso tectónico que moldeou gran parte da Península Ibérica fai uns 300 millóns de anos. O cuarzo, coñecido pola súa extrema dureza, resistiu a erosión durante milenios, permitindo que o Pico Sacro conserve a súa impoñente silueta. Ademais, este entorno supuxo un elemento único para a minaría galega, así como o escenario de grandes obras de enxañaría, como viadutos de vías de tren e estradas que cruzan o río Ulla.

Grazas ao éxito destas dúas primeiras actividades, desde a COMG están xa a preparar novas rutas de patrimonio xeomineiro das que moi pronto se dará máis información.