Nun mundo cada vez máis consciente da sostibilidade e a protección do medio ambiente, a procura de alternativas viables á minaría, entendida como a explotación de recursos xeolóxicos, intensificouse. Esta demanda, impulsada pola transición enerxética e a dixitalización, levou a valorar outras opcións de consecución de materias primas como a minaría urbana que podería complementar a extracción de recursos do subsolo.

Neste contexto, a minaría urbana aparece como unha vía innovadora e sostible para recuperar metais e minerais de residuos como aparellos electrónicos, electrodomésticos ou mesmo coches, integrándose dentro dunha economía circular. Este modelo de recuperación non só optimiza as materias primas dispoñibles, senón que moitos analistas considérana unha subministración secundaria.

O papel da reciclaxe de metais

De acordo a un informe da Fundación para a Xustiza Ambiental (EFJ), a tecnoloxía da que dispoñemos actualmente permitiría recuperar ata un 90% de minerais críticos como cobalto, litio, manganeso e níquel a partir doutros residuos. Se aliñamos este proceso cos principios da economía circular, podería contribuír a compensar parte da crecente demanda destes minerais, complementado a súa extracción e minimizando o impacto ambiental da industria. Segundo o documento da EFJ, prácticas como a extensión da vida útil de produtos, a súa reutilización e a reciclaxe poderán reducir de maneira significativa a demanda de certos minerais para 2050.

Con todo, a reciclaxe en por si non pode cubrir a demanda total. A alta demanda de minerais críticos para a tecnoloxía verde, como o litio, é un reto ao que nos estamos enfrontando xa na actualidade. A finais de 2024 non existía en toda Europa ningunha factoría capaz de reciclar litio a escala industrial desde residuos eléctricos ou electrónicos.

Segundo o Foro Económico Mundial e a Axencia Internacional de Enerxía, só a demanda de litio alcanzou os 3 millóns de toneladas en 2023, fronte a unha produción global de 130.000 toneladas en 2022. Isto demostra que, a pesar de que a minaría urbana é unha solución viable para conseguir minerais moi demandados, a subministración global seguirá dependendo en gran parte da extracción de materias primas en minas e canteiras.

Con todo, expertos en subministración de minerais e defensores da minaría máis tradicional sinalan que non hai suficientes minerais nas cadeas de subministración existentes para que a reciclaxe sexa unha alternativa viable a curto prazo. A demanda de minerais críticos, especialmente para vehículos eléctricos, está a aumentar a un ritmo tan grande que a reciclaxe de metais por si só non pode igualala.

Segundo o Foro Económico Mundial e a Axencia Internacional de Enerxía, só a demanda de litio podería alcanzar entre 2,5 e 3 millóns de toneladas para 2023, mentres que a produción global do ano 2022 foi de só 130.000 toneladas.

A minaría urbana e o ecodeseño

A minaría urbana refírese ao proceso de recuperación de materiais valiosos de residuos electrónicos e outros refugallos urbanos. Este enfoque é crucial para unha economía circular, onde as materias primas extraídas utilízanse durante o maior tempo posible, primando o ecodiseño. Trátase de incorporar criterios ambientais na fase de concepción e desenvolvemento dun produto, co obxectivo de reducir a pegada ecolóxica nas diferentes fases do ciclo de vida do produto: desde a extracción das materias primas, o transporte, a fabricación, a distribución e o uso, ata o fin da súa vida útil.

Segundo a EFJ, a minaría urbana pode reducir significativamente a necesidade de extracción primaria de minerais, diminuíndo o impacto ambiental deses procesos. Por exemplo, cada ano pérdense máis de 16.000 toneladas de cobalto debido á insuficiente recolección e reciclaxe de teléfonos móbiles, o que equivale aproximadamente ao 10% da produción mundial anual deste metal. Deste xeito, a minaría urbana non só pode ser rendible, senón que ofrece a oportunidade de recuperar metais coma o cobre ou o ouro de residuos a un custo comparable ao da súa extracción de fontes xeolóxicas.

No informe da EFJ indícase que xa hai estudos que demostran que a minaría urbana de aluminio e cobre ten un custo menor que a extracción destes metais do subsolo. Obter unha tonelada de calquera deles a través da minaría urbana (reciclaxe) é significativamente menor.

Desafíos e necesidades da minaría urbana

Aínda que a extracción en minas e canteiras é completamente insubstituíble polo volume da demanda mundial de minerais, a reciclaxe de metais e a minaría urbana perfílanse como complementos interesantes, como unha fonte secundaria que debe ser tida en conta.

Establecendo política e marcos regulatorios adecuados e avanzando nunha tecnoloxía da reciclaxe eficiente cunha infraestrutura de recolección e separación de residuos, a minaría urbana podería cubrir unha parte da demanda de materias primas críticas.

Empresas como Tesla ou Nothvolt son dous exemplos de como a industria xa está a implementar programas de reciclaxe, neste caso de baterías, para recuperar metais valiosos, unha mostra de que a minaría urbana é unha ferramenta para ter en conta como complemento tanto para a extracción primaria como para a economía circular.

Unha transición cara a un modelo que contemple a minaría urbana será capaz de fortalecer as cadeas de subministración de minerais críticos, ao mesmo tempo que contribuirá a unha xestión adecuada dos recursos dispoñibles.