Como é o desenvolvemento dunha mina?
Se os resultados da exploración son positivos e a empresa decide continuar co proxecto mineiro, comeza a fase de desenvolvemento da mina. Durante esta etapa a empresa avalía se é posible explotar o depósito e se xerará beneficios. Posteriormente, fai todo o necesario para iniciar as actividades de operación, como por exemplo construír as instalacións, obter os permisos e os estudos ambientais. O proceso de desenvolvemento dunha mina pode durar varios anos debido á densa lexislación española.
Cales son as principais actividades da etapa de desenvolvemento?
Realizar o Estudo de Impacto Ambiental (EIA)
O Estudo de Impacto Ambiental (EIA) utilízase para coñecer as características da poboación, a fauna, a flora, o terreo, o aire, a auga, a paisaxe e o patrimonio cultural antes de iniciar o proxecto. Neste extenso e detallado documento legal que a empresa debe presentar, descríbense os posibles efectos que a mina podería ter e presenta plans para evitar os efectos ou impactos negativos e aumentar os beneficios ou impactos positivos.
A EIA preséntase, en Galicia, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. O proxecto mineiro e o EIA sométense a un período de información pública no que se consulta a outras administracións públicas e se recollen as opinións dos interesados antes de tomar unha decisión definitiva. Este trámite pode levar varios anos no caso de España.
O proxecto mineiro inclúe, de forma obrigatoria e previa, un plan para a restauración ambiental do espazo, así como un proxecto de abandono definitivo no que se definen as medidas de seguridade necesarias para o peche da mina unha vez rematada a fase de extracción. Para ambos, a empresa debe establecer garantías financeiras antes e durante todo o ciclo de explotación.
Obter permisos
Toda empresa mineira debe solicitar e obter das administracións públicas unha longa serie de permisos para desenvolver e logo operar unha mina. Por exemplo, para usar a auga que se necesita na mina, para usar explosivos ou para a xestión de residuos.
Lograr acordos para o uso das terras
A concesión mineira non lle dá a una empresa dereitos de propiedade sobre o terreo superficial. Por iso, deberá negociar cos propietarios a compra, o alugamento dos terreos ou as servidumes de ocupación que se requiren para construír a mina.
Construír a mina
Se a empresa decide continuar co proxecto, iníciase a construción das instalacións. Isto inclúe preparar e limpar o terreo, mover terras, construír naves e oficinas, plantas de tratamento de augas, habilitar estradas e camiños de acceso, instalar as plantas de procesamento, as liñas eléctricas, os equipos de control e de protección ambiental, entre outras.
Que efectos ambientais e sociais pode producir o desenvolvemento dunha mina?
O desenvolvemento dunha mina producirá algúns cambios no ambiente e nas actividades da comunidade. Estes cambios ou efectos coñécense como impactos e poden ser positivos ou negativos. O desenvolvemento dunha mina pode beneficiar ás comarcas nas que se instale con oportunidades de traballo e co desenvolvemento de negocios locais.
Como pode participar a cidadanía no desenvolvemento dunha mina?
Durante esta etapa, a participación e contribución dos cidadáns é moi importante. É o momento para que a poboación coñeza o proxecto e brinde á empresa as súas suxestións e opinións.
Na fase de desenvolvemento da mina os cidadáns poden participar:
- Asistindo ás actividades informativas que a empresa debe organizar.
- Repasando o Estudo de Impacto Ambiental ou o seu resumo executivo, que está dispoñible para o público.
- Participando no período de información pública e presentando as súas observacións ou suxestións.
Para aproveitar mellor as oportunidades de participación, os cidadáns poden:
- Informarse sobre as necesidades de man de obra e servizos da empresa e identificar as habilidades das persoas interesadas en traballar na mina.
- Pensar en que tipo de negocios locais pode necesitar a mina.
- Establecer as canles e as formas de comunicación coa empresa.
Que oportunidades de emprego e negocios se xeran durante o desenvolvemento dunha mina?
Durante o desenvolvemento dunha mina, as oportunidades de emprego e as empresas locais aumentan. A fase de construción da mina é a parte na que se require maior cantidade de man de obra e servizos.
Os concellos locais promoven que as empresas contraten traballadores locais e as empresas saben que a contratación na zona é beneficiosa para todos.
Os postos de traballo máis comúns durante esta etapa son: obreiros, expertos en explosivos (artilleiros), mecánicos, soldadores, carpinteiros, xeólogos, enxeñeiros, supervisores, persoal de seguridade, persoal de administración, condutores, operadores de maquinaria pesada, entre outros.
As oportunidades de negocio para empresas e empresarios locais durante o desenvolvemento dunha mina inclúen: servizos de alimentación e limpeza, servizos de construción (enxeñería civil), servizos de reciclaxe, venda de subministracións, combustible, transporte ou seguridade.
Que é a fase de aprovechamiento dunha mina?
Unha vez obtidos os permisos e realizados todos os traballos para poder operar, comeza a fase de utilización do mineral contido nun xacemento.
Esta fase pode durar décadas, ser interrompida polas circunstancias do mercado (cambios na demanda de minerais) e retomarse máis tarde.
As operacións de mineiras poden ser subterráneas (galerías), cando o mineral está moi profundo, ou a ceo aberto, se o depósito está preto da superficie ou é moi grande. Na actualidade, a gran maioría das minas galegas son canteiras e minas a ceo aberto.
As principais áreas de traballo nunha operación mineira son:
1. Extracción
Aínda que existen diferentes métodos de extracción, todos inclúen maquinaria pesada que arrinca o mineral da terra, podendo ser necesario usar explosivos de forma moi controlada. O produto mineiro transpórtase a plantas de procesamento.
2. Procesamento
O mineral obtido da terra comeza un proceso industrial que o converterá nun produto útil para o mercado.
- Cortado. No caso de lousa e granito de Galicia, extráense grandes bloques, polo que as industrias mineiras córtano e púleno antes da comercialización.
- Esmagado. Para converterse en áridos aproveitables, as rochas das canteiras poden ser esmagadas e cribadas para conseguir diferentes grosores.
- Concentrado. No caso dos caolíns, o cuarzo e os metais, o produto extraído dunha mina non se comercializa directamente porque está mesturado con outro material sen valor e contén impurezas. É necesario procesalo para obter o concentrado ou mineral de alta lei, que é un produto que xa se pode vender.
3. Almacenamento de estériles
Unha mina pode chegar a xerar unha gran cantidade de residuos. As rochas sen valor extraídas xunto cos minerais útiles son almacenadas en áreas chamadas vertedoiros de estériles. Ademais, na fase de procesamento xéranse outros estériles que son almacenados en depósitos ou balsas. Estas zonas están protexidas con materiais especiais e cumpren todos os requisitos técnicos para evitar a contaminación de auga e dos ecosistemas.
Que efectos ambientais e sociais poden producirse na fase operativa dunha mina?
Nas proximidades das minas e canteiras de Galicia poden chegar a producirse impactos negativos que deben ser mitigados polas empresas mineiras responsables, tales como o po en suspensión polo tránsito de vehículos, as vibracións por explosións ou os impactos visuais, por tratarse de minas a ceo aberto ou canteiras. As administracións mineiras e medioambientais galegas son moi estritas, de conformidade coa normativa legal española.
As comarcas mineiras contan con maiores ingresos per capita grazas á estabilidade e á calidade dos empregos mineiros. Isto significa mellores salarios e pensións, o que supón unha maior poboación, mellores servizos (saúde, educación e infraestruturas). A implantación dunha mina nunha rexión xera un aumento na calidade de vida da súa poboación.