As augas minerais, pioneiras da publicidade

2019-04-23T16:27:46+02:0023/04/2019|

As aguas minerais e termais son o tratamento máis antigo que o home utilizou para o coidado das enfermidades. O consumo de auga mineral pasou de ser un produto vendido exclusivamente en farmacias a principios do século XX, a un artigo de luxo a mediados dese mesmo século, á bebida máis consumida polos galegos.

E foi a publicidade dentro das publicacións da época o que propiciou que as augas minerais galegas comezasen a facerse un oco no mercado.son el tratamiento más antiguo que el hombre ha utilizado para el cuidado de las enfermedades.

Augas de Mondariz

A auga mineral de Mondariz comezou a envasarse en 1877 para que os agüistas que se desprazaban a tomar as augas puidesen facelo nas súas propias casas.

A difusión dos primeiros folletos publicitarios dos que se teñen constancia datan do 1879. Para a boa xestión do balneario, era moi importante que os seus posibles usuarios estivesen ben informados sobre as propiedades mineiro-medicinais das augas.

Os primeiros folletos eran bastante sinxelos, pero é xa no século XX cando se empeza a cultivar a imaxe publicitaria de Augas de Mondariz por medio de carteis en publicacións e en espazos urbanos, mesmo fóra de Galicia, por exemplo no mural de azulexos no metro de Madrid.

Publicacións como a Revista Nós van divulgar algunhas das imaxes con publicidade do balneario e as súas augas. Unha das primeiras ilustracións que aparecen na revista foi feita por Castelao, representando a un home axeonllado suxeitando a botella de auga. Máis tarde, é o pintor Cándido Fernández Mazas quen representa a unha nova vestida co traxe rexional galego vertendo auga.

O certo é que, desde o século XX, a publicidade da auga de Mondariz vai ter un ingrediente común: a famosa botella de cristal verde escuro que representaba á marca.

Auga de Cabreiroá

A auga de Cabreiroá comezouse a embotellar para a súa distribución en 1906, ano en que se declara de utilidade pública. A súa popularidade creceu grazas ao Premio Nobel Santiago Ramón e Cajal, que a comezos do século XX visita o balneario para tomar as augas e acabou por certificar o valor medicinal das mesmas.

O feito de que Ramón e Cajal lexitimase o valor medicinal das augas plasmouse nunha peza publicitaria. Nos primeiros anuncios de augas de Cabreiroá incidíase nas propiedades da auga, considerándoa a máis alcalina de España. Os distintos anuncios van contar coa imaxe da botella como imaxe central, achegando o resto de información ao redor.

Auga de Sousas

A auga de Sousas, que foi declara de utilidade pública en 1859, segue gozando de gran fama entre as augas minerais galegas.

En termos de publicidade, non se desenvolveu tanto como outras augas galegas, pero si que se chegaron a publicar ilustracións en medios galegos. Por exemplo, en 1963, La Región publica unha ilustración dun monigote bebendo dunha botella de Sousas na que se informa das propiedades da auga.

Xabón e sales minerais da Toxa

Ademais de polo seu balneario, A Toxa destacou desde a súa fundación pola fabricación de xabóns e cosméticos feitos cos sales minerais do manancial.
Desta forma, vai insistir na promoción de non só o balneario e as súas augas, senón tamén das súas pastillas de xabón e sales minerais. O primeiro xabón foi lanzado en 1904, e cultivou un gran éxito internacional, dándose a coñecer como un xabón ‘único no mundo’.
Durante os anos vinte van aparecer deseños de cartelería moi variados cun maior colorido para anunciar os novos produtos da Toxa. Ademais, a publicidade da época faise eco dos canons de beleza impostos polo cinema e aplícaos ás súas ilustracións.
A partir dos anos 50, a publicidade comeza a aparecer na televisión. A importancia da imaxe fai que na Toxa cambien as ilustracións a fotografías que transmitan os seus valores. Durante os 70 continuarase con esta liña, que chega ata a actualidade, na que A Toxa, xa como marca comercial desligada do balneario, segue destacando a naturalidade dos seus produtos a través da fotografía.
As Augas Lérez conseguiron unha exitosa acollida nos mercados, sobre todo no arxentino. Na prensa publicitábase como ‘A Mellor Auga Mineral Natural de mesa, recomendada pola ciencia’. Na campaña publicitaria de principios do século XX, publicada na prensa de Bos Aires e en diarios de Pontevedra, figuraban os rechamantes eslóganes das augas, como, por exemplo, ‘as augas máis radioactivas de todas as analizadas ata o presente’.