Falamos con Cora Vinagre (Innovation Manager, FSAS International Quantum Center · Fsas Technologies – a Fujitsu company) e explícanos por que a computación cuántica é un imperativo estratéxico para a Unión Europea, España e Galicia. Esta tecnoloxía preséntase como clave para a competitividade, a resiliencia e a sustentabilidade industrial, con especial relevancia para a minería sostible.

O desenvolvemento cuántico terá un impacto enorme no sector mineiro, permitindo unha extracción de recursos máis precisa e un aforro de enerxía e de recursos económicos.

A computación cuántica permitirá resolver problemas moi complexos en tempos reducidos fronte á computación clásica, acelerando avances no deseño de novos materiais, na optimización loxística e na ciberseguridade. A súa adopción abre oportunidades para mellorar procesos críticos, desde o desenvolvemento de materiais máis eficientes ata cadeas de subministración máis intelixentes e comunicacións máis seguras.

Galicia conta con talento, infraestruturas e unha sólida cultura de colaboración público-privada. Para capitalizar esta oportunidade, é esencial apostar polo talento e conectar universidade e empresas.

Podes escoitar a Cora Vinagre no vídeo máis abaixo.