As exportacións minerais e rocas de Galicia realizan unha aportación notable á balanza de pagos desde fai décadas. As cifras de granito e pizarra impulsan a competitividade económica das provincias de Pontevedra e Ourense e chegan a todo o planeta. Os minerais industriais de calidade como o silicio e a dunita viaxan en barco desde os portos de A Coruña con destino a factorías de Europa. Trátase, nestes casos, de rocas e minerais exclusivos de Galicia, con mercados moi selectivos e aplicacións precisas.
Sen embargo, na última década hai outros produtos mineiros que tamén chegan a mercados internacionais, pese a ser recursos abundantes en case calqueira lugar. Estamos a falar dos áridos. “Tradicionalmente, trátase dos recursos minerais de escaso valor económico e comercialización xeográficamente limitada que só precisan un arranque, unha transformación física (trituración) e unha clasificación (cribado). Trátase de materiais abundantes en toda a codia terrestre, necesarios para o desenvolvemento da nosa sociedade xa que son insustituibles para a construcción e obra civil“, explica Aitor Puente, director da Asociación Galega de Áridos (Arigal).
Os áridos son materiais inertes da natureza granular, compostos por fragmentos de rocas de diferentes tamaños ou granulometrías. Comúnmente coñéceselles coma grava e areas. En Galicia, os áridos están formados por rocas como o granito, gneis, caliza, basalto, esquistos, dunita, serpentina, gabro, cuarzo e cuarcita.
Estes minerais son fundamentais na construcción desde tempos remotos, sendo esenciais para desenvolver infraestructuras, carreteras, aeroportos, pontes, portos e ferrocarís, e para edificar vivendas, escolas, hospitais e plantas de tratamento de auga.
Esta abundancia fai que os produtos de canteira non sexan transportados a máis de 50-100 kilómetros de distancia, como explica Puente de Cabo. “O árido vaixa mal, como se adoita dicir. Trátase dun material de escaso valor por tonelada. Se hai que repercutirlle o custe de transporte, xeralmente non é competitivo se hai que servilo a grandes distancias. O valor engadido que aportamos desde o sector galego é a excelente calidade dos nosos produtos e a rede de canteiras distribuidas en cada comarca, para abastecer á construcción e á obra pública en proximidade”.
Balasto para ferrocarril destino América
Os áridos prodúcense con diferentes tamaños (granulometrías). Desde unhas poucas micras para aplicacións específicas en pó para industrias como pintura, vidrio ou metaurxia, ata xigantestcas rocas de varias toneladas que se usan para construir diques.
Un dos produtos máis singulares das canteiras de Galicia é o balastro de ferrocarril. O balastro adoita consistir en pedras de cuarcita, basalto ou granito, entre 3 e 6 centímetros. Estas rocas son seleccionadas coidadosamente para cumprir con certas especificacións mecánicas e xeométricas, como a súa capacidade para repartir as cargas sobre unha maior superficie.
Trátase dun produto que debe cumprir unhas especificacións precisas dos constructores de infraestructuras ferroviarias, que outorgan certificacións de suministro exclusivamente ás canteiras capaces de cumprir os seus requisitos.
Este balasto, que se empregou en Galicia na construcción do trazado do AVE, ten unha calidade tan alta que é demandado por enxeñerías de México e de EE.UU para tendidos de vías tren e de metro. Nos últimos anos distintas canteiras galegas exportaron con destino América.
Escolleira para portos de Europa
O porto de Calais foi unha importante infraestructura rematada en 2021 que incluíu a construcción dun dique de abrigo de máis de 3 kilómetros de lonxitude, o desenvolvemento dunha cunca portuaria de 170 hectáreas, a e creación de tres novos peiraos para ferris, ademáis dun peirao roll-on/roll-off. Considérase unha das maiores infraestructuras de Europa nesta década e costou 900 millóns de euros.
Catro membros de Arigal participaron na operación que trasladou a través do Porto Exterior da Coruña e do Porto Exterior de Ferrol materiais de escolleira para esta obra. Trátase de grandes bloques de pedra sen labrar, que son colocados de forma individual para conformar muros de contención ou sostemento de terreo fronte ao mar.
As empresas exportadoras (Lista, Mynhor, Canteras Ferrolanas e Armacon) trasladaron estas xigantescas pedras de escolleira por carretera ata as explanadas dos peiraos de A Coruña e Ferrol, onde se fixo o acopío. Desde alí embarcouse en cargueiros de gran capacidade e gran calado e descargouse directamente a pé de obra nos peiraos de Calais, onde as constructoras os empregaron na base do dique de abrigo do porto.
Froito desa experiencia, empresas galegas seguen exportando material para obras portuarias con destino a portos no Báltico e América.
Áridos para a construcción en Estados Unidos
O caso dos materiais de escolleira e basalto son destacados polas súas cualidades mecánicas para ser empregados sen transformación de ningún tipo de obra. Pero pasa o mesmo cando o árido forma parte do composto?
A maioría dos áridos para a construcción adoitan empregarse en dúas mesturas xunto a outros produtos. Son un ingrediente indispensable en formigón preparado e no morteiro, e representan aproximadamente do 60 ao 75% do seu volume. Outra é o asfalto (mestura bituminosa). Trátase dun composto de áridos de granulometría continua, betún asfáltico, polvo mineral e outros aditivos, de maneira que todas as partículas do árido queden recubertas por unha película homoxénea de ligante.
Nos últimos anos, empresas mineiras coma Canteiras Ferrolanas e Mynhor Grupo dispuxeron pedidos de gravilla con destino EE.UU para a elaboración de formigón en fresco. A exportación realizouse en buques de grande tonelaxe a través do Porto Exterior da Coruña e do Porto Exterior de Ferrol.
Ademais destes casos de exportacións de áridos para construcción en grandes volumes, os asociados de Arigal exportan áridos a páises coma Bélxica, Holanda, Alemaña e Francia, onde se envían materiais para construcción e para decoración ornamental e paisaxismo. Por outra parte, os produtores de áridos de Galicia exportan con gran regularidade a Portugal, considerándoo case un mercado local.