iTarg3t. O proxecto da EIT Raw Materials que pon o foco nas materias primas galegas

2022-08-25T09:35:37+02:0025/08/2022|

A finais de 2017 a Unión Europea sacou á luz a publicación das primeiras listas de recursos minerais críticos para a industria da Unión Europea. Unha listaxe que a día de hoxe ascende a 30 recursos minerais e inclúe recursos que son abundantes, pero pouco coñecidos no oeste da Península Ibérica.

Así foi como se iniciou en 2019 o grupo de traballo de iTarg3t, o cal se materializou como proxecto financiado polo Instituto Europeo de Tecnoloxía (EIT, European Institute of Innovation and Tecnology) dentro da rama das Materias Primas ( EIT RawMaterials).

Nun principio, a intención era fomentar a exploración mineira en España e Portugal, pero logo o proxecto ampliouse ao leste de Europa, onde tamén existen depósitos potenciais e pouco coñecidos destes mesmos recursos.

proyecto-itarg3t

O obxectivo do proxecto de exploración mineira

O obxectivo de iTarg3t é contribuír a que Europa poida ser independente na produción de certos elementos dos considerados críticos, e que hoxe en día se importan doutros continentes, para lograr unha transición a unha economía máis tecnolóxica e con menor impacto ambiental.

Os elementos obxectivo do estudo son o wolframio, o estaño, o tántalo e o litio. Recursos fundamentais para, por exemplo, a industria das telecomunicacións, o almacenamento de enerxía ou a fabricación dos coches eléctricos. Todos eles están presentes nos nosos dispositivos móbiles ou nos nosos computadores: ben nas baterías (como o litio), nos sistemas de vibración e orientación (wolframio), nas soldaduras das placas basee (estaño) ou nas pantallas táctiles (tántalo).

O proxecto pretendía impulsar a posta en marcha de novos proxectos mineiros no sur e leste de Europa mediante a definición de novas guías xeolóxicas, xeoquímicas e xeofísicas para a detección de depósitos ata o de agora non identificados, e o estudo de modernos procesos mineralúrxicos máis eficaces e menos contaminantes.

Pero, ademais, dende o proxecto buscouse en todo momento a sinerxía entre os centros de investigación, os de formación (como as universidades e as escolas técnicas), e as empresas. Para iso levan a cabo cursos, charlas, traballos de fin de grao e de máster, teses doutorais, etc. entre os distintos socios.

Ademais, unha parte central do proxecto consistiu nos labores de divulgación e achegamento á sociedade do importantes que son as materias primas minerais mediante charlas en institutos e colexios e actividades abertas a todos os públicos como as Xeocharlas, os Xeolodías ou as Semanas da Ciencias.

Este proxecto, finalizado o pasado outubro mediante as xornadas ‘Minerais estratéxicas para a Industria Galega’ levado a cabo en Santiago de Compostela tivo unha duración de tres anos.

equipo itarg3t

Sinerxías europeas para favorecer a exploración mineira

O proxecto iTarg3t reuniu a 13 socios de 8 países europeos: España, Suecia, Polonia, Croacia, Alemaña, Portugal, Ucraína e República Checa.

En España participaron catro socios, formados por distintos perfís profesionais:

  • O Instituto de Xeociencias, un centro mixto do CSIC e a Universidade Complutense de Madrid, encargado dos estudos dos sistemas minerais no Oeste e Noroeste da Península Ibérica para poder definir modelos preditivos de exploración. Froito destes estudos leváronse a cabo unha tese doutoral e varios traballos de fin de máster.
  • A Escola de Minas da Universidade Politécnica de Madrid, que realizou unha avaliación da minería do estaño, wolframio, tántalo e litio a escala española e global.
  • Valoriza Minería, unha empresa especializada na explotación mineira de metais críticos en España. Foron os encargados do desenvolvemento de mapas 3D de modelos xeolóxicos.
  • Lithica SCCL, unha consultora con sede en Girona que está especializada en estudos Xeofísicos e Xeolóxicos. O seu traballo consistiu na validación de novas técnicas de caracterización xeofísica, como a interferometría de ruído sísmico, xunto con técnicas máis convencionais, como a gravimetría ou o magnetismo, aplicadas á exploración mineira.

Minerais estratéxicos a estudo

Os catro elementos estudados: wolframio, estaño, litio e tántalo teñen unha demanda en constante aumento porque son materias primas esenciais para a industria tecnolóxica e as telecomunicacións que necesitamos hoxe en día.

Vivimos nunha sociedade cada vez máis conectada dixitalmente e que necesita dispoñer de dispositivos cada vez máis  compactos, de pequeno tamaño, que ao mesmo tempo ofrezan unha vida útil longa e que sexan respectuosos co medioambiente.

Europa podería ser autosuficiente en materias primas minerais?

Aínda que non poderiamos autoabastecernos de todas as materias primas minerais, si que poderiamos aproveitar os nosos propios recursos para alimentar a nosa industria.

Un exemplo diso é o wolframio. Segundo o Servicio Geológico dos Estados Unidos ( USGS) en 2020, só en España temos o 1,7% das reservas deste elemento no mundo (a maior parte en Galicia), o cal nos permitiría ser autosuficientes na produción deste elemento.

Así mesmo, ao ter asociado reservas de estaño, poderiamos producir tamén este outro elemento no mesmo proceso de extracción. Simplemente multiplicando por cinco a produción actual de wolframio e estaño en Europa, seriamos autosuficientes e deixariamos de depender dos países asiáticos en canto a estes recursos. Unha realidade que tamén se extrapola ao tántalo e en menor grao, ao niobio do que España ten importantes recursos cos que se podería abastecer a toda Europa. Se o tántalo extraésese en España, no canto de importalo das zonas de conflito do centro de África, os labores de extracción mineiras estarían cinguidas ás normativas europeas con todas as garantías socioeconómicas e ambientais que iso supón.

Varios dos estudos do proxecto realizáronse en depósitos galegos, xa que é a zona de Iberia que reúne unha maior variedade de tipos de mineralización, e probablemente una das de maior potencial de Europa.

Iniciativas como a do proxecto  iTarg3 t poñen de manifesto a importancia da investigación e a transferencia do coñecemento para desenvolver unha minería moderna, comprometida co  medioambiente e tamén coa nosa industria.