A minaría: unha industria responsable co ciclo da agua

2019-03-22T18:39:37+02:0022/03/2019|

A auga é un dos recursos claves e estratéxicos para o sector da minaría. Por iso, esta industria ten como obxectivo protexer a biodiversidade, loitar contra a contaminación do aire e da auga, así como contra o cambio climático.

A ampla maioría dos recursos mineiros provén da explotación de minas e canteiras. Esta actividade comporta consecuencias importantes xa que deixan unha marca visible na contorna natural. O liderado innovador da industria da minería require, ademais, incluír plans hidráulicos que xestionen a auga máis aló das operacións propias dunha mina. Desta forma, garántese un acceso sostible á auga por parte da sociedade e do medio ambiente.

O impacto das minas na contorna

As explotacións mineiras sométense a unha avaliación do impacto que poden ter sobre a contorna e os posibles efectos das súas actividades sobre as augas superficiais e subterráneas. Deste xeito, aplícanse unha serie de boas prácticas que axudarán a xestionar minas e canteiras de forma adecuada. En moitos países da Unión Europea, durante a planificación xeral da explotación, deséñase un plan de xestión da auga, tanto superficial como subterránea, que vai definir como se vai a controlar a auga e como se conservará a súa calidade.

As actividades mineiras empregan auga para distintos procesos minerais como, por exemplo, para a recuperación de metais. A auga vai axudar na tarefa de control do po que se produce, ademais de satisfacer as necesidades dos traballadores das minas. A cantidade de auga requirida nunha mina dependerá do tamaño da mesma, da cantidade de minerais a extraer e do proceso mineiro que se leve a cabo. As minas que procesan químicamente mineral para concentrar metais como o cobre ou o ouro usan moita máis auga que as minas non metálicas de áridos ou rochas ornamentais.

As prácticas modernas de xestión da auga e os deseños das minas reducen en gran medida o potencial de contaminación das explotacións mineiras. Ademais, unha vez terminada a fase de extracción, a mina debe quedar completamente restaurada, nun estado igual ou mellor que o anterior. O obxectivo é beneficiar á comunidade local e axudar á conservación das reservas hidráulicas, ecolóxicas e paisaxísticas que puidesen verse afectadas.

Unha contribución positiva ao ciclo sostible da agua

A industria mineira conta cun importante potencial para contribuír positivamente ao ciclo sustentable da auga. Ao achegar uns plans obrigatorios de xestión hidráulica, a minería asegúrase de que o impacto das súas actividades se minimice ao máximo, sobre todo no referido á auga.

Doutra banda, a minería pode ser un aliado en canto á xestión das concas dos ríos cando se trata de garantir que o leito conserve a capacidade de conter os caudais de auga que o percorren, mesmo en momentos de crecida. Para iso, utilízanse técnicas como a ampliación do leito do río ou a creación de cursos de auga suplementarios, a limpeza dos leitos e a construción de diques e proteccións contra inundacións nas marxes dos leitos.

Subministros de agua grazas ás minas

Unha maneira mediante a que a industria mineira contribúe a un uso máis racional dos recursos dispoñibles é mediante a extracción de augas subterráneas. Estes acuíferos son grandes masas de auga que se atopan baixo a superficie terrestre. Grazas á perforación de pozos no perímetro da explotación, a auga pódese bombear cara ao exterior para ser utilizada. Ademais, deste xeito facilítanse os labores de extracción da mina.

A auga subterránea extraída cumpre cos requisitos de calidade para que poida ser consumida polas persoas, este foi o enfoque que levou a que se intensifique a colaboración entre empresas mineiras con aquelas subministradoras de auga potable. Os áridos, por exemplo, actúan como filtros da auga, polo que se utilizan habitualmente en plantas potabilizadoras de todo o mundo para a súa depuración co fin de mellorar a súa calidade asegurando o seu bo estado químico.

Ademais, en Galicia atópase o lago de Meirama, co que a Empresa Municipal Aguas de A Coruña (Emalcsa) podería abastecer á área metropolitana en casos de sequía, como se produciu en outubro de 2017.

Contribución da minaría á biodiversidade

Ao longo da vida das explotacións, xérase unha gran diversidade de hábitats de alto valor biolóxico. Estes hábitats están protexidos de perturbacións externas e da contaminación.

A minería, ademais de ser compatible coa biodiversidade, ten un gran potencial para creala. Como proba da súa riqueza biolóxica, en Europa un bo número de antigas explotacións foron designadas como áreas Rede Natura 2000. Cando as minas restauradas están situadas cerca de humedais, rehabilítase o espazo natural co obxectivo de mellorar e preservar tanto a flora como a fauna do lugar.

A industria da minaría aplica a fórmula de mitigación “evitar, reducir e recuperar” partindo da evolución de impacto ambiental e seguindo pola rehabilitación da contorna. Esta práctica é un claro exemplo da boa xestión do medio ambiente que pode facer a industria mineira. O aumento da biodiversidade na contorna vai mostrar, unha vez máis, como as minas poden resultar beneficiosas tanto durante como despois da súa explotación.

Contribución da minaría á economía circular

A industria da minería contribúe a unha economía circular grazas ao ciclo de vida completo das minas e canteiras: a excelencia nas operacións diarias, o uso completo das reservas de recursos xeolóxicos, a reciclaxe e a rehabilitación.

A eficiencia na xestión dos recursos dispoñibles, e por tanto da auga, é unha prioridade nas minas, de forma que moitas empresas están a levar a cabo novas prácticas en, por exemplo, a recirculación da auga de proceso, para así minimizar o seu consumo.

Un manexo integrado da auga é necesario para unha operación mineira máis eficiente. Aínda que o enfoque da xestión da auga poida ser visto inicialmente como complicado, é o único sistema de xestión que asegura a sustentabilidade do proxecto e a diminución de conflitos sobre o uso da auga, que se expresa nunha maior rendibilidade e eficiencia da operación mineira.

A xestión integrada da auga anticipa os efectos e impactos das operacións mineiras, mellora o sistema de vixilancia nas instalacións e busca as mellores solucións posibles para que a mina tome as súas propias decisións estratéxicas.

Aínda que en Galicia a auga non é un ben escaso, como en outras partes do planeta, o sector mineiro é moi consciente da súa importancia como recurso básico para a sociedade.