A minaría sostible protexe as masas forestais e a biodiversidade

2024-05-08T12:18:37+02:0008/05/2024|

A minaría sostible álzase como unha das solucións máis efectivas na protección das masas forestais e a biodiversidade, sobre todo, no terceiro mundo. É unha das conclusións que se extraen do informe ‘Extracted Forest’ elaborado pola ONG WWF no que se sinala que o fomento e a realización de prácticas mineiras sostibles logran minimizar o impacto ambiental, social e promover a restauración de terras.

Durante décadas, a relación entre a minaría e a deforestación nos países menos desenvolvidos foi centro de atención. É certo e recoñecido que a minaría que se leva a cabo nAs rexións máis pobres, vulnerables e remotas carece en moitos casos de controis a nivel social, ambiental e legal polo que carrexa, a miúdo, graves consecuencias para as poboacións autóctonas, os bosques e o seu ecosistema.

Pero a preocupación polas consecuencias da explotación indiscriminada destes recursos naturais, minerais e metais, en países do terceiro mundo foi en aumento nos últimos anos. En moitos casos, os seus recursos mineiros resultan básicos para asegurar unha transición progresiva cara a unha economía verde e máis respectuosa. Por iso é polo que a minaría sostible sexa vital para garantir o maior benestar para estas poboacións e a súa contorna.

De onde partimos? A relación entre a minaría tradicional e a deforestación

O informe publicado por WWF considera que a minaría é o cuarto maior impulsor da deforestación tendo en conta os seus impactos directos e indirectos. Os impactos directos refírense a pegada causada pola propia explotación mineira e pola expansión da súa área. Os indirectos están relacionados cos impactos producidos na contorna como pode ser a construción de estradas ou de infraestruturas para o proceso do material mineiro.

A ONG fai unha análise dos impactos directos da minaría nos ecosistemas forestais entre 2001 e 2021 e indica que o 84% ocorreron en 10 países, principalmente en Indonesia con máis de 3500 quilómetros cadrados de bosques destruídos; Brasil, con cifras próximas ao 1700 km cadrados; e Rusia. O 71% provocados pola explotación de ouro e carbón.

De feito, ilustran a través de varios casos de estudo o como a minaría contribuíu á deforestación da Amazonía brasileira afectada pola extracción ilegal de ouro, non só causando a degradación de vastas extensións de bosques e contaminación de ríos, e tamén en Indonesia, provocado pola explotación de carbón e minerais levando á perda de hábitats críticos para especies en perigo de extinción.

Pero non só a minaría ilegal provoca un forte impacto nos ecosistemas, senón tamén a minaría tradicional. WWF fai unha distinción entre a minaría a gran escala e a minaría tradicional, xa que os seus impactos directos e indirectos sobre os bosques e a poboación son tamén moi diferentes. A minaría a gran escala é unha actividade formal e regulada, con tecnoloxías de extracción e procesamento a escala industrial e que debe realizarse cumprindo estritamente a normativa ambiental e social. Esto non ocorre coa minaría tradicional, que está moito menos regulado, polo que o uso de métodos de extracción máis daniños e con poucas medidas de rehabilitación. É certo que a minaría tradicional achega ingresos a poboacións locais do terceiro mundo. Un claro exemplo, que destaca o informe é a República Democrática do Congo, no que calcula que uns 12 millóns de persoas participan de maneira directa e indirecta na súa actividade e delas depende a súa economía familiar. Pero non é menos certo que a falta de regulación provoca maior vulnerabilidade ante a explotación laboral, como é o caso do traballo infantil e unhas condicións que rozan a escravitude, segundo datos do Banco Mundial.

Por que a minaría sostible é unha solución á minaría ilegal?

A minaría sostible é un enfoque responsable da actividade mineira que nos últimos anos caracterizou a forma de proceder das empresas en Europa, significativamente en España, con logros manifestos. Os seus obxectivos é minimizar os seus impactos negativos no medio ambiente, as comunidades locais e a economía, pero non de maneira puntual, se non ao longo do tempo, e maximizar os beneficios sociais e económicos. Que caracteriza á minaría sostible?

O que se busca é equilibrar a propia actividade mineira coa protección do medio ambiente e o benestar da sociedade e a súa contorna. En primeiro lugar, a responsabilidade ambiental, reducindo ao máximo os impactos negativos no medio ambiente, como a degradación do chan, e promovendo a restauración de áreas mineiras tras o peche da actividade. De feito, a conservación de recursos é outra característica xa que trata de usar os recursos minerais de forma eficiente garantindo que as reservas poidan satisfacer necesidades futuras. Ademais, impulsa a eficiencia enerxética nas explotacións reducindo o consumo e as emisións de CO2 a través da aposta por tecnoloxías limpas, innovadoras e máis eficientes.

Pero eso non é todo, antes de iniciar unha actividade mineira, realízase unha avaliación exhaustiva dos posibles impactos na sociedade e o medio ambiente para poder incorporar as medidas adecuadas que mitigen eses efectos.

Outra das súas preocupacións é o desenvolvemento socioeconómico local, impactar de maneira positiva a través da xeración de beneficios económicos e sociais. Esto lógrase non só coa creación de emprego, senón a posta en marcha de infraestruturas e programas de desenvolvemento da comunidade. E entre as súas características tamén se desliza a transparencia e a rendición de contas das operacións mineiras, xestionando os seus refugallos de maneira adecuada e tamén cumprindo coas regulacións ambientais. Entre elas, a protección da saúde e a seguridade non só dos traballadores das empresas mineiras, senón tamén das comunidades da contorna. E, mesmo, máis aló, pois a minaría sostible cumpre as leis e regulacións nacionais, internacionais, pero tamén aposta por mellorar os estándares e a excelencia nas prácticas da industria.

Chamada á acción por un mundo sostible

O informe de WWF realiza unha chamada á acción a todos os axentes involucrados: responsables políticos, industria mineira, sector privado e sociedade en xeral. As masas arbóreas son fundamentais para a natureza e para as persoas, para asegurarnos un futuro sostible. Proporcionan aire limpo, fogar a unha gran diversidade de especies animais, vexetais e indíxenas. Pero, o máis importantes, axudan a regular o clima e albergan, en moitos casos, un recurso fundamental, a auga, que se está convertendo en artigo de luxo ante as consecuencias devastadoras do cambio climático.

Ademais de medidas reguladoras e legais, a concienciación a través do labor dos gobernos e a sociedade en xeral pode exercer unha enorme influencia para esixir transparencia e trazabilidade nas cadeas de subministración de minerais e aumentar a investigación e o uso de materias primas recicladas. Todo iso coa axuda das boas prácticas dunha minaría sostible que, día a día, faise máis necesaria para asegurar un futuro positivo para a humanidade.