O cemento en Galicia: fabricación e cifras

2020-05-04T09:56:48+02:0027/05/2019|

O cemento é un dos materiais básicos de calquera construción, dá igual que imaxinemos unha pequena beirarrúa ou un rañaceos: as súas propiedades conglomerantes e a súa moldeabilidade fan que se utilice de forma intensiva a nivel mundial.

A mestura perfecta de minerais

mineria-sostenible-galicia-cemento-1

Aínda que no resultado final o único que vexamos sexa un sólido granulado agrisado e homoxéneo, na composición do cemento escóndense múltiples minerais que en conxunto lle outorgan esas características especiais.

Os primeiros compoñentes que interveñen na creación do cemento son certas rochas sedimentarias como a calcárea, determinadas arxilas ou a marga. A proporción de materias primas debe ser a adecuada para que o cemento teña a cantidade de óxidos adecuada.

 

Unha vez dosificados os elementos, móense, cócense e arrefríanse para dar como resultado o clinker, un produto semielaborado que constitúe a base do cemento e por tanto do formigón.

En función da cantidade de auga empregada durante a moenda dos materiais e antes da súa entrada ao forno, pódense distinguir tres tipos de proceso de fabricación: vía seca, vía húmida, vía semiseca e semihúmeda.

Unha vez obtido o clinker aínda é necesario engadir as cantidades precisas de xeso e outros aditivos como puzolanas (materiais silíceos), calcaria, cinzas volantes (residuos sólidos procedentes da combustión en centrais termoeléctricas), escoria granulada de alto forno (obtida durante a fabricación de aceiro) e fume de sílice (un subproducto orixinado mediante a redución de cuarzo). Estes 3 últimos aditivos proceden doutras actividades industriais, polo que a industria cementeira converte o que poderían ser residuos nun recurso fundamental para o desenvolvemento.

Tanto á hora de crear o clinker como na última fase de fabricación do cemento, a mestura de materiais realízase mediante impactos de corpos mecánicos ou forzas de compresión elevadas mediante prensas e muíños.

A importancia dos áridos para o cemento

Pode que os áridos sexan os grandes descoñecidos da minaría, xa que cando a maioría da xente pensa no sector mineiro galego pensa en granito, en lousa, en metais; pero non nestes produtos que constitúen a segunda materia prima máis consumida a nivel mundial onde cada persoa consumirá ao longo da súa vida 10000 veces o seu peso en áridos.

Os áridos son gravas e fragmentos de rocas de pequeno tamaño que serven para construír grandes obras: vivendas, oficinas, aeroportos, hospitais, portos, vías de ferrocarril. Son os compoñentes de prefabricados como ladrillos, bloques, tubos… e tamén forman parte da composición do cemento e dos seus derivados como morteiros e formigóns, fundamentais para asegurar a calidade das construcións.

mineria-sostenible-galicia-cemento

O cemento en cifras

El sector cementero en Galicia está representado por una única fábrica que mueve grandes cifras: Cementos Cosmos, situada en el municipio de Oural, en la provincia de Lugo. Se trata de una empresa de gran trayectoria y con la que colaboró el químico y geólogo Isidro Parga Pondal, que la convirtió en la primera cementera gallega en producir cemento artificial.

En Oural se llegan a producir al año más de 400.000 toneladas de cemento, siendo característico por contener calcarias, losas, cenizas de pirita y arenas silíceas.

A industria do cemento ten un gran volume a nivel internacional, cunha produción que supera os 2.200 millóns de toneladas ao ano. En España, durante 2018, a demanda deste material creceu un 8,5% con respecto ao ano anterior.

O sector cementeiro en Galicia está representado por unha única fábrica que move grandes cifras: Cementos Cosmos, situada no municipio de Oural, na provincia de Lugo. Trátase dunha empresa de gran traxectoria e coa que colaborou o químico e xeólogo Isidro Parga Pondal, que a converteu na primeira cementeira galega en producir cemento artificial.

En Oural chéganse a producir ao ano máis de 400.000 toneladas de cemento, sendo característico por conter calcarias, cinzas de pirita e areas silíceas.