O granito, un material seguro fronte ao radón

2019-04-17T19:10:00+02:0018/04/2019|

As tres cuartas partes da radiación que existe na Terra proceden de fontes de carácter natural como a radiación cósmica, a radiación terrestre, a auga ou os alimentos, entre outros. E é que o ser humano leva exposto a este tipo de radiación desde as súas orixes. Pero o que moitos non saben é que a fonte natural de radiación máis común é o gas radón. Estímase que un 50% da radiación á que nos atopamos expostos ao longo da nosa vida provén do radón.

O radón orixínase nos subsolos, sobre todo nos que hai unha gran concentración de pedras graníticas. En España, as zonas con niveis máis significativos de radón son:

  • Practicamente toda Galicia, sobre todo as provincias de Ourense e Pontevedra
  • El oeste de Castela e León
  • Asturias
  • Extremadura
  • El noroeste de Andalucía
  • Algunas partes de Tenerife e Gran Canaria

Que é o gas radón?

Aínda que é un feito non moi coñecido, o radón é a maior fonte de radioactividade natural que existe. Orixínase pola desintegración do radio, o uranio e o torio presentes nos chans, sobre todo graníticos. Trátase dun gas nobre radioactivo incoloro, inodoro e insípido e máis pesado que o aire, polo que tende a acumularse en zonas baixas, como garaxes, sotos ou adegas, que, ademais, contan con escasa ventilación.

Ao aire libre, a súa concentración é moi baixa, pero en espazos pechados, o radón concéntrase en maiores cantidades que poden ser prexudiciais para a saúde. A vantaxe é que a media de vida do radón é de tan só 3,8 días, polo que unha boa ventilación, ademais dun bo illamento, é suficiente para protexerse dos seus efectos.

Todos os produtos que proveñen da natureza, en especial as rochas, os minerais e as areas, van conter pequenas trazas de elementos radioactivos que aparecen de forma natural. Unha das rochas con maior concentración de radón é o granito, que, do mesmo xeito que todas as pedras naturais, contén elementos radioactivos en maior ou menor medida. Polo xeral, estes elementos aparecen en estado sólido, pero, co tempo, poden pasar a estado gaseoso, é dicir, convértense en radón.

De todas as maneiras, vivir nunha área xeolóxica con elevados índices de radón non significa que a nosa vivenda teña unha radiación elevada. A única forma de poder comprobalo é realizar unha medición.

Pero tentar eliminar o radón do subsolo nin é posible nin necesario. Do que se trata é de evitar que entre en contacto coas persoas en grandes cantidades. No exterior non hai risco, o problema está na súa acumulación en espazos pechados. As concentracións de radón poden variar entre casas adxacentes, e mesmo dentro de una mesma casa, dun día para outro ou dunha hora para outra.

Sí, no granito hai radón

Todas as rochas van ter unha pequena cantidade de radiación debido á presenza de minerais que conteñen elementos radioactivos tales como o uranio, o torio ou o potasio 40. Como o granito contén, normalmente, máis dun destes elementos, vai resultar máis radioactivo que o mármore ou a lousa, por exemplo. Todos os minerais que aparecen no granito conteñen radioelementos, é dicir, elementos químicos que se consideran radioactivos. Por exemplo, os feldespatos brancos e rosas conteñen potasio 40; as biotitas negras, potasio 40, uranio e torio; e os minerais máis pequenos como a circonita, a apatita ou o esfeno son as que conteñen a maior cantidade de uranio e torio.

Aínda así, en comparación con outras fontes de radiación, tanto dentro como fóra dunha vivenda, o risco de radioactividade emitida do granito usado tanto como material de construción como de decoración é practicamente inexistente. E é que todos os fogares van contar con fontes de radiación. Ademais do granito, cerámica, formigón, xesos, ladrillos ou o basalto son algúns dos materiais que conteñen radón. Pero é que televisores, detectores de fume ou mesmo alimentos como as noces, os plátanos ou as patacas, emiten niveis medibles de radiación.

A fonte principal de radón nunha vivenda é o chan onde esta se sitúa, e, na maioría de ocasións nin sequera é un perigo para as persoas. Desta forma, un edificio construído cun material distinto ao granito pode ter unha concentración elevada deste gas se se atopa nun subsolo rico en uranio, mentres que unha construción de granito pode non ter unha concentración tan elevada.

O feito de que as rochas graníticas ricas en uranio poidan exhalar radón é frecuentemente confundido co feito de que o granito, como roca ornamental, constitúa unha ameaza pola súa achega de radón porque o certo é que a achega de radón dos materiais de construción a unha vivenda é moi baixa. A cantidade de uranio que hai nun solo vai depender da natureza xeolóxica do propio chan e do nivel de fracturación que posúe.

As novas leis do radón

A Unión Europea recomenda que a concentración de radón non supere os 200 Bq/ m3 (becquerelios por metro cúbico) en vivendas de nova construción, mentres que para aquelas construídas con anterioridade, a cifra é de 400 Bq/m3.

Desde febreiro de 2018 está vixente en España unha directiva Europea emitida pola Comunidade Europea de Enerxía Atómica ( EURATOM) que obriga ao goberno español a controlar o gas radón en fogares, de modo que se han de realizar medicións en lugares de risco para mitigar as concentracións que excedan o límite de 300 Bq/ m3.

Por outra banda, e para asegurar a seguridade do granito, o Centro Tecnolóxico do Granito caracterizou máis de 50 variedades de granitos, entre as que se atopan diversas variedades nacionais e de importación con interese construtivo. Entre todas as mostras de granito estudadas, non se atopou ningunha que non cumpra os valores establecidos pola normativa europea.

Ademais, realizáronse medicións en 9 empresas elaboradoras de granito situadas en 6 municipios galegos diferentes. Obtivéronse 90 resultados de concentracións de radón en lugares de traballo. Todas as medicións realizadas atópanse por baixo dos 300 Bq/m3, mentres que o 83,3% por cento, non superaba o valor medio anual nacional establecido pola Organización Mundial da Saúde de 100 Bq/m3.

Na actualidade, as accións de mitigación do radón céntranse en dous principios moi sinxelos. Segundo a Dra. Dores Cortina, profesora de Física de Partículas na Universidade de Santiago, ou ben se ten que evitar que o radón entre no interior mediante sistemas de illamento, ou, se xa entrou, hai que darlle unha saída rápida a través dunha boa ventilación.

O radón está en todas partes. Mentres que ningún nivel deste gas é seguro, os expertos aseguran que as cantidades que podemos atopar nunha vivenda que utiliza granito ou calquera outra pedra natural, aínda usándoa de forma masiva, son o suficientemente baixas para que non resulten daniñas por si soas. Coa implantación da nova directiva europea, é conveniente ter en conta a concentración de radón no solo antes de construír, de forma que podamos previr, en maior medida, a exposición a este gas. É evidente que hai que tomar medidas de acción a longo prazo, pero non debemos terlle medo ao radón.

O Centro Tecnolóxico do Granito publicou en 2018 este vídeo para explicar o radón na súa relación co granito.