A Torre de Hércules, a Muralla de Lugo, as pontes romanas que cruzan o Miño… son construcións que calquera galego nomearía como mostra da Gallaecia Romana. Os romanos estiveron en Galicia durante séculos e as súas pegadas chegaron ata os nosos días a través da lingua, de edificios, de infraestruturas e costumes. Con todo, unha das súas principais achegas a Galicia cae en moitas ocasións no esquecemento: as decenas de minas de ouro que datan desta época.
Un minucioso informe de Ancient World Mapping Center, o Stoa Consortium e o Institute for the Study of the Ancient World delimitou todos os xacementos romanos coñecidos ao longo de Europa e África. Os resultados mostran que España e Portugal suman un número de minas de ouro superior a calquera outra provincia romana, e unha gran porcentaxe delas están situadas en Galicia.
O ouro como aglutinante entre galaicos e romanos
O ouro extraído polos romanos ten moito que ver coa economía, a cultura e a política que desenvolveron en Galicia. A exportación de ouro superou calquera previsión. Segundo investigadores do CSIC foron 190 as toneladas extraídas no Noroeste español durante a época romana, polo que podemos afirmar que unha boa porción da riqueza de Roma saíu de terras galegas. Ademais, gran parte deste ouro galego circulou ao longo do imperio en forma de moedas chamadas áureos.
As minas de ouro romanas supuxeron para Galicia espolio e trato de favor ao mesmo tempo: os galaicos eran os traballadores das minas, sendo este labor o seu tributo ao imperio, mentres que para manter aos galaicos tranquilos, os romanos concedéronlles certos dereitos políticos como a cidadanía latina.
Obras de enxeñaría nas minas de ouro romanas
Los romanos aportaron sofisticadas técnicas de extracción de oro, a día de hoy se han identificado hasta tres métodos diferenciados en función del material en el que este se encuentra alojado: arenas de los ríos (lavado de arenas), en yacimientos primarios (explotación mediante pozos y galerías) y yacimientos secundarios en los montes. Para esta última localización se usaba un método espectacular mediante el que se derrumbaban extensiones amplias de montaña de un solo golpe usando la fuerza del agua. Este método es el que se empleó durante la extracción de oro de Las Médulas, en la comarca del Bierzo en León, muy cerca de Galicia. Esta fue la mayor mina a cielo abierto de todo el Imperio Romano y nos ha dejado, siglos después, uno de los paisajes más increíbles de toda España. Hoy, este paraje cultural, fruto de la naturaleza y la acción del hombre, es Patrimonio de la Humanidad
Pero sin tener que salir de la comunidad gallega, encontramos una de las mayores obras de ingeniería romana de la península: el Túnel de Montefurado o A Boca do Monte. En Quiroga, en la provincia de Lugo donde el Sil discurre formando un entramado de valles y meandros. Los romanos sabían que el afluente del Miño arrastraba oro y para facilitar las tareas de extracción decidieron secar uno de los meandros más amplios. Para ello horadaron el monte empleando el método ruina montium, dejando un hueco en la roca de 120 metros de longitud, por 19 de ancho y 17 de alto, para desviar el cauce del Sil dejando secos los 2,5 km del extenso meandro.
O mapa galego das minas de ouro romanas
No territorio galego están sinaladas dezanove explotacións de ouro, oito destas dezanove minas atópanse na provincia de Lugo, nos municipios de Quiroga (coas minas de Montefurado, Toucedo, As Covas e Margaride), Folgoso do Courel (coas da Toca, Torubio e Milleiros- Romeor) e Ribas de Sil (coa explotación a ceo descuberto de O Covallón).
Outro centro importante para o imperio foi Ourense, provincia que podería tomar o seu nome da voz romana Auriense (cidade do ouro). Aquí atópanse a mina de Os Biocos no municipio de San Xoán de Río e a de Os Milagres, preto de Baños de Molgas. Mentres que a comarca do Carballiño conta coa última.
As tres explotacións restantes están situadas na provincia da Coruña. Son as de Corcoesto -na comarca de Bergantiños– e as de Covas e Montefaro, na comarca de Ferrol.
Novos achados de minas romanas
Pese a que son dezanove as explotacións marcadas no mapa, cada ano descóbrense novos xacementos, moitas veces os surcos onde séculos atrás se levou a cabo a explotación foron cubertos por maleza, o que complica as tarefas de catalogación. Un dos descubrimentos máis recentes é o doutra mina situada en Ribas de Sil, descuberta por Manuel Cao, profesor xubilado. Este xacemento conta cunhas dimensións impresionantes: unha focha de máis de douscentos metros de longo por uns 120 de ancho, cunha profundidade que pode chegar ata os 35 metros.
Aos poucos, estes xacementos esquecidos están a ser obxecto de estudo para revalorizar o patrimonio galego, así por exemplo a recentemente descuberta mina de Ribas de Sil podería ser integrada no parque xeolóxico Montañas do Courel.