O vehículo eléctrico reactiva o mercado dos metais

2019-03-20T11:08:24+01:0020/03/2019|

A idea de desterrar o uso dos combustibles fósiles dunha vez por todas non é tan desatinada. Grazas ao aumento na accesibilidade e eficacia, os coches eléctricos están listos para pasar dunha rareza a un elemento máis do noso día a día. De manterse o ritmo de implantación de vehículos eléctricos, prevese que as emisións de óxido de nitróxeno, xeradas principalmente por motores diésel, reduciranse a case a metade en 2030, pasando de 1,3 millóns de toneladas anuais a 70.000 toneladas en algo máis dunha década. A redución de emisión de partículas finas e superfinas procedentes do diésel permitirá, ademais, axudar a evitar ata case medio millón de mortes prematuras debido á contaminación do aire.

A substitución de combustibles fósiles na automoción logrará unha mellora substancial da calidade do aire que respiramos e mesmo contribuirá a reducir os posibles efectos do cambio climático.

minaria-de-galicia-movilidad-sostenible

A minaría, clave para a mobilidade sostible

O aumento no consumo de coches eléctricos está a cambiar radicalmente o mercado das materias primas necesarias para a súa fabricación. Os fabricantes de coches eléctricos fan un uso dos recursos mineiros de acordo á eficiencia que poden achegar aos vehículos. Por exemplo, existe unha carreira por mellorar as baterías para que proporcionen unha maior autonomía e que o tempo de carga sexa menor. Para iso, están a introducirse metais como o aluminio, o manganeso ou o grafeno na fabricación de baterías.

Os metais clave para a fabricación de coches eléctricos son:

  • Aluminio e magnesio. Estes dous metais axudan a reducir o peso do vehículo. Unha redución do 10% pode resultaren un aforro de combustible de entre o 6% e o 8%. Substituír elementos feitos con ferro ou con aceiro con materiais lixeiros como aliaxes de magnesio ou aluminio, pode reducir o peso do vehículo ata nun 50%, o que o fai máis eficiente enerxéticamente.
  • Cobre. Un coche, en condicións normais, contén 15 quilos de cobre. É un material esencial para o funcionamento do motor, cableado, radiador, conectores, freos e soportes.
  • Disprosio e neodimio. Estes metais de “terras raras” son usados en motores e xeradores de moitos coches eléctricos para mellorar a súa eficiencia.
  • Ferro, manganeso, molibdeno e vanadio. Para obter unha estrutura o máis lixeira posible, nos coches eléctricos utilízase aceiro, unha aliaxe de ferro e carbono, fortalecida con pequenas adicións de manganeso, molibdeno e vanadio.
  • Litio, cobalto e níquel. Son os metais crave para achegar autonomía aos coches eléctricos.
    • O litio converteuse no “petróleo branco” desde que a súa demanda para baterías aumentase. Estímase que o seu consumo será de 340.000 toneladas para 2020 e que a cifra se duplique entre 2020 e 2025. As baterías de litio utilízanse nos coches eléctricos teñen unha densidade enerxética maior e son máis lixeiras e compactas.
    • O cobalto converteuse nun elemento clave para o futuro das baterías do coche eléctrico, o que o converte nunha compoñente fundamental para a súa fabricación. Este mineral é esencial para alongar a duración das baterías de litio, polo que a autonomía dos coches eléctricos depende do cobalto.
    • O níquel é o metal que máis beneficiará a transición aos coches eléctricos. É unha material clave para reducir o uso de cobalto.

A carreira por desenvolver unha mellor batería para os coches eléctricos continúa. Os fabricantes están cada vez máis interesados en incorporar outros materiais para que as baterías sexan o máis eficientes posible. A meta está agora en dotar aos coches eléctricos da maior autonomía alcanzable e que o tempo de carga sexa o máis baixo posible.

A minaría galega no mercado dos coches eléctricos

Galicia conta cunha importante reserva de minerais clave para o desenvolvemento de novas tecnoloxías que favorezan unha mobilidade moito máis sustentable. Na comunidade galega hai grandes cantidades de cobre, metal fundamental para todo tipo de compoñentes electrónicos, cables ou motores cos que se compón un coche eléctrico.

O consumo de cobre multiplicouse para determinadas aplicacións, entre elas a dos coches. Un automóbil consome agora o dobre de cobre do que usaban os coches nos anos setenta.

En Galicia hai tamén outros metais fundamentais para o desenvolvemento de novas tecnoloxías. Un exemplo é o coltán, mineral composto por cumbita e tantalio, é un deses materiais que pasaron de ser curiosidades mineralógicas a cruciais para o avance tecnolóxico.

A mobilidade sostible no futuro

A Axencia Internacional da Enerxía prognostica que o mercado dos coches eléctricos evolucionará á principal opción dos consumidores para 2030. A axencia estima, ademais, que para 2035 haberá na estrada ao redor de 125 millóns de coches eléctricos. E ao aumentar o mercado dos coches eléctricos, aumentará tamén a industria do litio e a de metais como o grafito, o cobalto ou o níquel.

Pola súa banda, a Fundación Europea do Clima calcula que para 2030 un 25% dos vehículos que circularán serán completamente eléctricos, mentres que un 50% utilizarán tecnoloxías híbridas. Nos cálculos desta fundación para España, as emisións directas de dióxido de carbono reduciranse de 50 millóns de toneladas en 2017 a só 37 millóns en 2030, e a 5 millóns en 2050.

A necesidade é a nai da invención. Primeiro, as innovacións na industria do petróleo substituíron o uso dos aceites que se usaban antigamente. Agora, aqueles medios de transporte que utilizaban o petróleo como fonte de enerxética están a ser substituídos aos poucos por vehículos eléctricos.

O sector da mobilidade sustentable está a dar aínda os seus primeiros pasos, pero xa é capaz de mostrarnos como as prácticas existentes xa non valen, que se necesita evolucionar. As subministracións limitadas fan que innovar buscando alternativas sexa unha necesidade. A minería necesitará facer as súas propias innovacións para achegar materias primas a tecnoloxías futuras a un custo mediante o cal a industria da mobilidade sustentable poida seguir avanzando.