Os produtos mineiros que construirán as infraestruturas do futuro

2023-11-16T12:14:18+01:0016/11/2023|

Na procura dun futuro sostible e tecnoloxicamente avanzado, as infraestruturas son a base. Estas infraestruturas do futuro non só requirirán un deseño innovador e eficiente, senón tamén unha ampla gama de materiais para a súa construción e funcionamento.

É aquí onde a minaría entra en xogo: a extracción de minerais e rochas vólvese esencial para fornecer os recursos necesarios para seguir avanzando para cubrir as necesidades que a sociedade demanda.

A minaría sempre proporcionou os materiais necesarios longo da historia para producir utensilios, vivendas, pontes, maquinaria e un longo etcétera. De onde tomamos os recursos non cambiou, é a maneira en que o facemos: agora a extracción lévase a cabo dunha maneira máis sostible e eficiente, minimizando o impacto no medio e tratando de aproveitar ao máximo o material extraído.

Onde atoparemos os recursos minerais no futuro?

 Infraestruturas para a mobilidade sostible

O transporte xoga un papel fundamental na Axenda 2030 da Organización das Nacións Unidas (ONU) e está presente en varios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Fomentar cidades máis amigables cos peóns, a convivencia entre diversos medios de transporte e favorecer zonas de baixas emisións son algúns dos obxectivos para alcanzar.

A construción de infraestruturas de transporte modernas require unha ampla gama de materiais mineiros. Desde estradas e pontes, ata medios de transporte e tecnoloxías intelixentes, estes recursos son esenciais para o seu desenvolvemento.

  • Zonas de baixas emisións: en moitas cidades implantáronse xa estas áreas con acceso restrinxido a vehículos motorizados e onde os cidadáns teñen prioridade, con novos espazos creados especialmente para eles. As beirarrúas e os carrís para bicicletas constrúense con áridos, arxila, sílice e pedra natural como o granito. Ademais, para que o coche eléctrico teña futuro será necesario un gran desenvolvemento dos puntos de recarga, cuxa estrutura ha de ser resistente, con materiais como o aceiro galvanizado ou o aluminio; no seu interior, atópanse múltiples compoñentes electrónicos cuxos materiais principais son metais como o aluminio, o estaño, o cobre e, en menor medida, o ouro.
  • Foco na alta velocidade: o ferrocarril é un dos transportes máis seguros e limpos, por eso, a construción de novos tramos de alta velocidade, así como o mantemento dos existentes copou gran parte do gasto público nos últimos anos. Para o desenvolvemento destas infraestruturas son necesarios unha gran cantidade de minerais, o ferro e os áridos son necesarios para construír as vías, os trens fabrícanse cunha extensa lista de metais, entre eles, molibdeno, manganeso e aluminio; mentres que para fabricar as catenarias – os cables aéreos que transmiten a enerxía eléctrica é fundamental o cobre.

Os minerais das cidades do futuro

Xa hai anos que a Organización das Nacións Unidas anunciaba que en 2050 o 70% da poboación mundial viviría nas cidades. O consumo destes núcleos urbanos poderá chegar ata o 75% da enerxía mundial e, como consecuencia, a emitir case un 90% de CO2.

Para reducir as emisións de carbono nas cidades é fundamental achegar a rede eléctrica de enerxía proveniente de fontes renovables. Os paneis solares, as turbinas eólicas, así como as estruturas para o desenvolvemento da enerxía xeotérmica tamén están fabricados teñen como base as materias primas minerais.

Con todo, non basta con reducir, tamén hai que optimizar, os novos edificios cada vez requiren menos enerxía para manter o confort térmico no seu interior. E esto conséguese novamente cos sistemas de construción desenvolvidos e coas materias primas que constitúen as cubertas e os muros e tabiques das construcións: xeso, arxila e pedra natural achegan a resistencia e o illamento necesarios para aumentar a eficiencia enerxética das vivendas, algo que repercute positivamente no medioambiente e na factura da luz.

Tamén os minerais metálicos, como o aceiro e o cobre, son utilizados na estrutura dos edificios e na produción de aceiro para vigas e outros elementos estruturais.

Tecnoloxía e innovación para infraestruturas

Na era da transformación dixital, a minería desempeña un papel crucial na fabricación de tecnoloxías emerxentes necesarias para as infraestruturas do futuro. O desenvolvemento destas tecnoloxías vai da man da conectividade, a seguridade e a funcionalidade das cidades.

A extracción sostible de minerais como o cobalto, o litio e o vanadio é esencial para a produción de baterías de alto rendemento utilizadas en vehículos eléctricos e sistemas de almacenamento de enerxía necesarios.

Ademais, outros minerais como o cobre e o silicio son vitais na fabricación de dispositivos electrónicos e compoñentes de infraestruturas intelixentes, como sensores, sistemas de comunicación e sistemas de xestión de datos.

Queda claro que a sociedade só pode progresar se as infraestruturas xeran o contexto adecuado para iso. O gasto en obra civil é un indicativo de benestar social e nestes momentos máis que nunca, esto é compatible co coidado do medioambiente: minaría sostible para construír cidades sostibles.