Todas as cores do granito de Galicia

2019-09-10T09:52:59+02:0010/09/2019|

Galicia é o líder indiscutible da produción española de granito. Na comunidade galega atópanse os principais xacementos de granito de España: o 75% da pedra elaborada e exportada desde o territorio español sae de Galicia, onde se atopan 307 empresas que xeran case 5.000 postos de traballo, entre emprego directo e indirecto. E é que a facturación do granito galego alcanza xa os 500 millóns de euros. Pero a nivel mundial, o granito galego tamén é importante: trátase do quinto mercado en produción desta pedra natural, só superada por China, India, Brasil e Italia.

Sorprendentemente, en Galicia, en tan só un radio duns centos de quilómetros, extráese unha ampla gama de granitos, un feito, que é probable que non se produza en ningunha outra industria do mundo. Algunhas das variedades de granito galegas máis coñecidas son o Rosa Porriño, de recoñecemento mundial, o Gris Mondariz, ou o Gris Perla. Estes materiais son únicos, naturais e están especialmente seleccionados para a súa utilización tanto na construción e a decoración como no deseño contemporáneo.

As cores do granito

A ampla diversidade de cores, tonalidades, texturas e acabados que este material ofrece fai que cada peza sexa única. Por iso, a pesar da singularidade da composición de cada pedra, a percepción da cor unifícase, e, no caso dos granitos galegos, o Centro Tecnolóxico do Granito conseguiu diferenciar toda unha gama de tonalidades: grises, rosas, cremas, amarelos e ocres.

Quizais o granito galego por excelencia sexa o Rosa Porriño, cuxo xacemento, con produción asegurada para decenas de anos, atópase no Porriño, na provincia de Pontevedra. Presenta un ton rosáceo debido á coloración dos feldespatos que hai na súa composición, con gran medio de cores negro e gris. É importante destacar que, a medida que se avanza na explotación do xacemento, mellora a calidade do recurso.

Outra das tonalidades máis coñecidas e usadas é o gris. Entre eles destacan o Gris Mondariz e a Gris Perla. Este último é unha pedra de cor gris con gran groso negro, moi popular na gama dos granitos galegos. Pola súa banda, o Gris Mondariz é de cor gris e cunha lixeira tonalidade rosácea.

Cabe destacar que hay ya tres variedades de granito gallego que cuentan con la certificación Ecolabel, el Gris Alba, el Blanco Alba y el Silvestre. Esta certificación se concede a productos y servicios que aseguran un bajo impacto ambiental en su ciclo de vida.

El granito gallego sigue mostrando fortaleza. Además de una rigurosa política de calidad, tanto en la roca en bruto como en el producto elaborado, se ofrecen una amplia variedad de productos en cuanto a colores y texturas. De esta forma, el granito es uno de los materiales que se encuentran más arraigados en Galicia, pero su prestigio ya goza de reconocimiento mundial. Su presencia en construcciones de todo el mundo es un claro ejemplo de ello.

O Google dos granitos

A Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia (FCTGG), produciu o primeiro catálogo en liña que recolle todas as variedades de granito que se extraen actualmente na comunidade galega.

O Catálogo de Granitos Galegos é unha ferramenta que conseguiu realizar unha recompilación das 41 variedades de granito galego, con cores e texturas diferentes, que se extraen como rocha ornamental. Deste xeito, puxéronse en valor ás 54 canteiras de Galicia co fin de divulgar, valorar e prescribir a ampla oferta galega de granito ornamental. Unha recompilación de materiais de características únicas e naturais e especialmente seleccionados para a súa utilización tanto na construción e a decoración innovadora como no deseño contemporáneo.

Este catálogo vai permitir que diferentes públicos profesionais (arquitectos, decoradores e proyectistas) teñan a posibilidade de coñecer o potencial do granito como elemento construtivo, información moi útil, sobre todo, para os profesionais que traballan con ela.

Cabe destacar que hai xa tres variedades de granito galego que contan coa certificación Ecolabel, a Gris Alba, a Branco Alba e o Silvestre. Esta certificación concédese a produtos e servizos que aseguran un baixo impacto ambiental no seu ciclo de vida.

O granito galego segue mostrando fortaleza. Ademais dunha rigorosa política de calidade, tanto na rocha en bruto como no produto elaborado, ofrécese unha ampla variedade de produtos en canto a cores e texturas. Desta forma, o granito é un dos materiais que se atopan máis arraigados en Galicia, pero o seu prestixio xa goza de recoñecemento mundial. A súa presenza en construcións de todo o mundo é un claro exemplo diso.