Entrevistamos a Aitor Puente, director de Arigal (Asociación Galega de Áridos), para coñecer o papel dos áridos na vida diaria e na transición cara a unha economía máis responsable.
¿Sabías que se trata do segundo recurso máis consumido polas persoas, despois da auga? É unha materia prima esencial para o desenvolvemento social e económico, tamén en Galicia. Sen eles sería imposible construír infraestruturas clave e garantir a calidade de vida da que gozamos.
Cada persoa consome arredor de 4.000 quilos de áridos, unha cifra que reflicte a súa presenza constante no noso entorno construído: vivendas, hospitais, estradas e aeroportos, así como nos asfaltos e formigóns que fan posible a nosa mobilidade e os servizos esenciais. Falar de sustentabilidade na minería é, polo tanto, falar de como asegurar estes materiais con criterios ambientais, sociais e de eficiencia.
Nesta liña, desde Arigal existe unha investigación en curso xunto coa Universidade de Vigo para explorar o uso de areas como almacenamento enerxético, unha vía innovadora que conecta os áridos coas enerxías renovables e a descarbonización. Convidámoste a descubrir todos os detalles na entrevista en vídeo.


