Dez obras mestras da arquitectura moderna con granito de Galicia

2019-05-08T13:33:52+02:0007/05/2019|

O granito de Galicia é unha roca abundante, dunha calidade inmellorable e dunha resistencia de séculos. Así o testemuñan as moles megalíticas, as pontes romanas, a catedrais medievais e os pazos do barroco. A chegada do ferro e do formigón pareceu desterrar á pedra natural como elemento construtivo durante boa parte do século XX. Con todo, nos últimos anos houbo un gran impulso das edificacións singulares que empregan granitos e rocas ornamentais procedentes das canteiras de Galicia.

Vexamos unha pequena lista das máis destacables:

Concello de Tokio01-minaria-de-galicia-tokio

En 1991 terminouse o complexo do Goberno Metropolitano de Tokio, do arquitecto Kenzo Tange. É un conxunto de edificios no que destacan dúas impoñentes torres de 243 metros de altura nas que se empregou granito Rosa Porriño en forma de placas para o seu revestimento, xunto a outros granitos asiáticos doutras tonalidades-

Cidade Grupo Santander – Madrid02-minaria-de-galicia-santander

Proxecto do arquitecto Kevin Roche para a edificación da nova sede central do banco Santander e dun campus completo con edificios interconectados por medio de prazas, patios e servizos. Foi edificado entre 2002 e 2004 e nel empregouse granito Gris Mondariz, subministrado por empresas galegas, para o seu uso como baldosas e placas para zonas comúns exteriores.

A Sagrada Familia – Barcelona

A obra mestra que expuxo Antoni Gaudí en 1882 contemplaba o uso de pedra de Montjuïc, pero o esgotamento deste recurso na década de 1960 obrigou aos responsables actuais da obra para buscar materiais alternativos. A Sagrada Familia, que se dará por concluída en 2026, emprega en diversas estruturas granito galego das variedades Silvestre MorenoSilvestre Fino, esculpido por canteiros en Galicia antes de envialo a Barcelona para a súa montaxe.

Parlamento Europeo – Bruselas

A sede do lexislativo da Unión Europea conta con elementos construtivos extraídos das canteiras galegas. O granito Rosa Porriño do Europarlamento está incorporado en elementos construtivos de zonas exteriores e interiores desde a súa ampliación en 2008. Varias empresas do Clúster do Granito subministaron o material á construtora.

 

 

Museo Guggenheim – Bilbao

A contorna urbana e os accesos ao Museo Guggenheim de Bilbao contan con laxas de granito Rosa Porriño. A obra de Frank Gehry é unha das máis importantes da arte contemporáneo en España e foi inaugurada en 1997.

 

 

Hospital da Santa Creu i Sant Pau – Barcelona

En 2010 rematouse o novo edificio deste equipamento sanitario a cargo do equipo de arquitectos de Bonell, que seleccionou varios tipos de granito (algún deles de Galicia) que achegan unha imaxe unitaria ao conxunto potenciado polo contraste cromático.

 

 

 

 

Domus – A Coruña

Os arquitectos Arata Isozaki e César Portela crearon un monumento á roca ornamental de Galicia na Domus – Casa do Home da Coruña. O edificio, destinado a museo de ciencias, foi edificado entre 1993 e 1995. Para a espectacular fachada que fai fronte ao mar, usáronse 6.600 pezas de lousa galega, que tamén se atopa en revestimentos e chans do interior. Para a fachada que dá ao interior, as escalinatas e as paredes interiores, 30.000 toneladas de granito Rosa Porriño e Gris Mondariz en forma de sillares e baldosas.

 

Museo do Mar – Vigo

Foi deseñado por César Portela e Aldo Rossi ao borde da Ría de Vigo nos anos 1990. Trátase dun recinto destinado a exposicións e coleccións para comprender a enorme vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento. Para a súa construción empregouse granito Gris Mondariz en baldosas, pracas e cadeirado.

 

Finca Vista Alegre – Santiago

Neste parque público levántanse edificios de deseño contemporáneo con importante presenza de granito Gris Mondariz, con obras dos arquitectos César Portela e Arata Isozaki, como o Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago e o Museo de Historia Natural Luis Iglesias; e de Antón García Abril, como a Escola de Altos Estudos Musicais e o edificio sede da SGAE.

 

Centro de Exposicións e Congresos -Ávila

Deseñado polo arquitecto Francisco Mangado como un edificio multiusos, está construído aos pés da muralla que circunda a cidade con robustas pezas de granito natural que achegan un carácter integrador á obra, adaptada á orografía da contorna. Para a obra, distintas empresas galegas proporcionaron granito de diversas procedencias, entre os que destaca o Rosa Porriño.

Os arquitectos contemporáneos souperon conxugar a imaxe e a textura do granito de Galicia como un produto natural, ligado á arquitectura tradicional grazas á súa durabilidade. Na actualidade, esta pedra natural pasou a formar parte de obras contemporáneas grazas aos avances tecnolóxicos que permitiron ampliar o abanico de materiais, acabado e formatos dispoñibles.

O Clúster do Granito de Galicia desenvolveu as seguintes iniciativas de divulgación de arquitectura nas que ampliar a información: