A minaría é clave para a enerxía limpa

2019-12-16T17:25:18+01:0002/12/2019|

Desde a segunda revolución industrial, os combustibles fósiles como o carbón e o petróleo foron a principal fonte para producir electricidade, liberando grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro. Na actualidade, as enerxías renovables constitúense como o camiño cara a un novo modelo enerxético máis sustentable e respectuosos co medio ambiente.

O consumo de carbón a nivel mundial é responsable de case a metade das emisións de dióxido de carbono do sector da enerxía. E, con todo, só o 29% do consumo enerxético do planeta procede do carbón. Desta forma, sitúase como a segunda fonte de enerxía máis empregada no mundo por detrás do petróleo.

Para reducir o impacto das emisións de carbón é necesitar recorrer cada vez máis ás enerxías renovables. A eólica e a solar son dúas opcións xa consolidadas en canto á produción de electricidade. Ademais, a enerxía nuclear posiciónase como outra das opcións que proporcionan unha enerxía limpa e inesgotable. Pero para que se poida xerar esta enerxía baixa en emisións de CO2, tanto as renovables como a nuclear van necesitar produtos básicos que proveñen da minaría.

D0 carbón enerxético á minaría

As transformacións no campo da enerxía tamén se deixan notar no sector da minaría. As minas son as encargadas de proporcionar o carbón necesario para que as centrais térmicas produzan electricidade, pero coa transformación do panorama enerxético o papel da minaría tamén cambia.

De provedores de carbón, as minas pasarán a ser provedores dos compoñentes necesarios nos mecanismos que xeren a electricidade. Os metais e minerais destinados á produción de enerxías renovables son de vital importancia, xa que sen eles sería imposible a fabricación de, por exemplo, aeroxeradores ou paneis solares.

Os minerais tamén fan acto de presenza nas reservas da electricidade producida. Este almacenamento faise en baterías elaboradas con litio, chumbo, níquel ou sodio, que son as que axudarán a integrar as enerxías renovables dentro do tecido eléctrico. Ademais, a reserva de enerxía en baterías liquidará o problema dos picos altos e baixos na subministración.

Mentres que as enerxías renovables seguen avanzando como fontes de electricidade, a expansión da capacidade nuclear incrementará a demanda de uranio e outros minerais como o deuterio e o tritio ademais do interese por catalizadores feitos con metais preciosos.

As enerxías alternativas e limpas

Os obxectivos de clima e enerxía da Unión Europea para 2050 pasan por reducir as emisións de carbono ata o 95% respecto de 1990, ao mesmo tempo que se dependa cada vez máis das enerxías renovables. Para 2050, España podería abastecerse unicamente de enerxías renovables se se fai un uso eficiente delas. As dúas enerxías renovables que se atopan máis consolidadas son a eólica e a eléctrica.

A enerxía eólica posiciónase como unha das principais formas de produción de enerxía no panorama enerxético europeo ao ser unha das menos contaminantes e seguras. A electricidade que pode xerar un aeroxerador alcanza unha capacidade similar á que producen 1.000 quilos de petróleo, ademais de que evita as emisións de dióxido de carbono ao non usar carbón. Con todo, para que todo isto poida producirse, é preciso construír aeroxeradores capaces de converter a enerxía cinética do vento en electricidade. Para iso úsanse os seguintes metais:

  •  Neodimio, ferro, boro e disprosio. Estes metais úsanse no imán permanente dos xeradores para que se mova a turbina.
  • Cobre. Cada un dos miles de aeroxeradores que cobren os montes de Galicia (e de todo o planeta) poden usar desde 400 quilos ata catro toneladas dependendo da tecnoloxía que se utilice.
  • Chumbo, litio, níquel e sodio. Os sistemas de almacenamento enerxético son os elementos que permiten que as enerxías renovables poidan integrarse no tecido eléctrico.
  • Molibdeno e zinc. Van permitir que o aceiro usado para construír a torre se manteñan en boas condicións máis tempo. Un spray de zinc é o que permitirá que a torre estea protexida fronte á corrosión.

Está previsto que a enerxía solar achegue un 35% das enerxías renovables para 2030. España conta, ademais, coas condicións atmosféricas óptimas para producir enerxía solar mediante as súas tres tecnoloxías: paneis fotovoltaicos, térmicos e termoeléctricos.

  • Panel solar fotovoltaico. Polo xeral estes paneis están compostos por unhas células fotovoltaicas de silicio, que mediante o efecto fotoeléctrico, permiten transformar a enerxía lumínica en enerxía.
  • Panel solar térmico. Tamén chamado colector solar, permite transformar a enerxía procedente do sol en enerxía térmica, é dicir, en calor.
  • Panel solar termoeléctrico. É unha mestura dos dous anteriores, xa que permite a produción de electricidade e calor ao mesmo tempo.

Do mesmo xeito que cos aeroxeradores, necesítanse unha serie de metais para a creación de paneis solares. O elemento principal co que están formados é o silicio, metal que se extrae do cuarzo, un mineral moi presente no sector mineiro galego. Ademais do silicio, tamén aparecen en menor cantidade cobre, molibdeno, berilio, germanio, galio e indio. 

O futuro é a enerxía nuclear

A enerxía nuclear preséntase como unha alternativa que tamén permite reducir o uso de carbón para a xeración de electricidade. Vai permitir que esta se xere de forma sistemática cun nivel moi baixo de emisións de dióxido de carbono. É, ademais, compatible con outras enerxías renovables dentro dunha matriz diversificada e limpa.

A produción de enerxía eléctrica nunha central nuclear é continua, é dicir, xérase electricidade durante o 90% do tempo, o que beneficia á planificación eléctrica. Ademais, ao non depender de factores naturais, liquídase a que pode ser a gran desvantaxe das enerxías renovables mentres que non se fabriquen sistemas de almacenamento máis potentes.

O papel que xoga a minaría dentro da enerxía nuclear é o de proporcionar os minerais necesarios para levar a cabo os procesos de fisión e fusión. O mineral máis usado na enerxía nuclear é o uranio, do que se extrae o seu isótopo 235, o único fisible. A pesar de ser un elemento radioactivo, a súa extracción faise de igual forma que a doutros minerais, tomando sempre as precaucións necesarias para non contaminar a contorna.

A produción eficiente de enerxía é un dos grandes retos aos que se enfronta a industria eléctrica. As enerxías renovables supoñen unha oportunidade de crecemento sustentable con grandes vantaxes, como a redución de emisións de gases contaminantes e o aforro enerxético, feitos que contribúen a mellorar a calidade de vida e a protexer o medio ambiente.

O futuro da minería e das enerxías renovables está interconectado. Mentres que o camiño exacto para reducir a cantidade de combustibles fósiles aínda é incerto, a adopción masificada de novas tecnoloxías neste campo ten o potencial de cambiar os patróns de uso dos metais a nivel mundial, e, con eles a función do sector da minaría.