Día Europeo dos Minerais Galicia 2019
20, 21 e 22 de setembro de 2019
Vén e cóntao
Coñece a minería de Galicia participando nas iniciativas de portas abertas e de visitas ás instalacións nunha iniciativa europea para o coñecemento e divulgación
Eventos Día dos Minerais Galicia 2019
Xornada ‘A minaría, motor do desenvolvemento social’
Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
25 de setembro de 2019
Encontro de divulgación do sector mineiro organizado por Minaría Sostible de Galicia e a Confederación Nacional de Empresarios de la Minería y la Metalurgia (Confedem). Un foro de reflexión sobre os retos do sector mineiro.
Visita ás instalacións de Caolines de Vimianzo
Lg. Cerban Castrelo 19. Vimianzo, A Coruña
21 de setembro de 2019
Caolines de Vimianzo – CAVISA abre as súas portas tanto a familiares de empregados como a antigos traballadores, para que poidan coñecer a realidade da empresa e a súa implicación coa economía circular e colaborativa.
Visita á canteira de Blokdegal e a Minergal
Canteira Blokdegal e Minergal. Porriño, Pontevedra.
20 de setembro de 2019
Un grupo de escolares poderá descubrir a realidade da industria do granito en Porriño a través dunha visita guiada á canteira de Blokdegal, unha das máis grandes de Rosa Porriño. Así mesmo, poderá coñecer o museo de Minergal para descubrir o patrimonio xeolóxico e mineiro galego.
VI Xornada de Responsabilidade Empresarial na Seguridade e Saúde Laboral no Sector dos Áridos
Pazo de San Roque, Santiago de Compostela
19 de setembro de 2019
A figura do director facultativo será o eixo condutor desta xornada desenvolvida por Arigal, na que se tratarán puntos como o seu papel e responsabilidades dentro das canteiras de áridos.
Xornada de portas abertas en Verea
Lanza, S/N, 15685. Mesía, A Coruña.
14 de setembro de 2019
Verea invita á súa fábrica a todos aqueles que queran coñecer de preto como se fabricaban as tellas de forma tradicional e cal é o proceso de fabricación hoxe en día, cun método totalmente automatizado que ademais reduce as emisións de C02.
A minaría, motor do desenvolvemento social
Xornada de Confedem e Minaría Sostible de Galicia. 25 de setembro, Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
Coordinado por:
Coa colaboración de: