Material didáctico de minaría
Unidades didácticas
A través deste material didáctico, a Cámara Oficial Mineira de Galicia trata de ofrecer unha visión moderna e realista do sector, ofrecendo aos docentes contidos e actividades que axuden aos estudantes a completar a perspectiva académica que xa coñecen e fomenten o debate nas aulas.

Manuais docentes
Dirixidos ao profesorado e adaptados a cada unha das unidades didácticas, os manuais docentes explican os seus obxectivos e contidos e serven como guía para a súa utilización.
Vídeos
Vídeos explicativos da actividade mineira que serven de apoio ás explicacións das unidades didácticas.
Cómic ‘O tesouro das estrelas’
Como complemento ás unidades didácticas, a COMG ofrece tamén aos centros educativos e bibliotecas un libro en formato cómic. Neste libro, Bárbara, unha estudante de primaria, descobre que é a minería e a importancia que teñen os produtos mineiros para a sociedade na que vivimos

O cómic ‘O tesouro das estrelas’ está dispoñible para centros educativos e bibliotecas de Galicia baixo solicitude