
Coa colaboración:

A pegada de carbono nas empresas mineiras
Ciclo para a implantación do cálculo da pegada de CO2 na industria mineira
Obradoiros online/presenciais
Obradoiro 2: PROXECTO DE ABSORCIÓN DE CO2 NUNHA EXPLOTACIÓN MINEIRA GALEGA. BALANCE.
14 de setembro de 2023 (12:30-13:30)
A Cámara Oficial Mineira de Galicia organiza a través da plataforma Minaría Sostible de Galicia e coa colaboración da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o segundo dun ciclo de webinars destinados a técnicos e empresarios do sector mineiro, para impulsar a mellora na eficiencia e a descarbonización do sector.
- Relator: Diego Arán Ferreiro, biólogo e Xerente Xeral de Inproyen Consulting.
- Obxectivos: Impulsar a creación de proxectos de absorción de CO2 na industria mineira.
Dirixido a técnicos e empresarios da industria mineira
Asistencia presencial na sede da COMG. Rúa Juana Capdevieille, nº2 (Edificio Expocoruña). 15008, A Coruña.
- Asistencia online a través de Zoom
Inscripcións gratuítas
QUE APRENDERÁS?
- Concepto de sumidoiro de CO2.
- Que é un proxecto de absorción?
- Marco lexislativo internacional, europeo, nacional e a súa alineación coa normativa galega en materia de cambio climático.
- Estándares normativos, certificacións e esquemas de gases de efecto invernadoiro (GEI) baixo os que se desenvolven os proxectos.
- Caso práctico dun proxecto de GEI: a compensación da pegada de carbono cun proxecto de absorción.
- Importancia da compensación das emisións e posta en valor do potencial de captura de CO2 das restauracións mineiras activas ou clausuradas.