O teu smartphone vén dunha mina

2019-08-29T11:06:00+02:0029/08/2019|

Algunha vez te paraches a pensar de onde vén o teu smartphone? Cando che fan esa pregunta, o primeiro que se che virá á cabeza é a tenda onde o compraches, esa persoa que cho vendeu nunha páxina de segunda man ou mesmo ese agasallo que che fixeron polos teu últimos aniversario.

Pero a realidade é moito máis complexa. A maior parte dos compoñentes que forman os teléfonos intelixentes créanse grazas a unha ampla variedade de elementos químicos obtidos por medio da minaría. Así, grazas a unha sinfonía de electrónica e química, conséguese que os teléfonos intelixentes sexan completamente funcionais e que nos poidan conectar co mundo.

Cando se empezaron a comercializar os primeiros teléfonos “portátiles”, aquelas enormes máquinas do tamaño de caixas de zapatos, xa se podían atopar uns 25 ou 30 elementos químicos neles. Na actualidade, os smartphones están feitos con aproximadamente 75 elementos, case tres cuartas partes do total de elementos da táboa periódica. E deses 75 elementos, 62 son metais.

Aluminio, silicio, litio, carbono ou níquel son algúns dos metais presentes dentro dos nosos teléfonos intelixentes. Pero, que teñen en común todos estes metais? Todos eles son elementos que se atopan nos distintos minerais que se extraen das minas.

Case toda a táboa periódica, no teu peto

Algúns dos minerais usados nos smartphones son o silicio, usado nos circuítos dos procesadores e obtido por medio do cuarzo, mineral abundante en Galicia, ou o grafito, usado no interior das baterías. Tamén se poden atopar compostos menos coñecidos como a bastnasita, a monacita e a xenotima. Estes compostos teñen en común o neodimio, un deses elementos raros usados nos imáns cos que funcionan os altofalantes, micrófonos ou o sistema de vibración.

Outros dos minerais usados nun smartphone é a bauxita, unha roca que contén galio e que se utiliza para a retro-iluminación da pantalla; a esfalerita, fonte do indio usado na capa conductiva de electricidade da pantalla; e a arsenopirita, fonte de arsénico, o cal é usado na radiofrecuencia do smartphone así como os amplificadores da batería en forma de arseniuro de galio. Incluso un elemento tan común como o cobre, un gran condutor de calor e electricidade, vén de minerais como a calcopirita e a bornita.

No interior dos smartphones podemos atopar aínda máis elementos que fan que estes dispositivos poidan usar correctamente todas as súas prestacións.

A pantalla do noso smartphone está formada, a primeira ollada, por cristal. Pero a pantalla dun smartphone é máis que un pedazo de cristal resistente. Trátase dunha pantalla que responde ao tacto e e composta por unha serie de metais que lle achegan as distintas características que posúe:

  • O cristal exterior está formado por silicato de aluminio, unha mestura de óxido de aluminio e óxido de silicio. Esta mestura é mergullada nunha disolución de sal que permite que os ións de sodio sexan substituídos por iones de potasio. Este proceso crea unha capa compresiva sobre o cristal que incrementa a forza e resistencia a danos da pantalla do noso smartphone.
  • A pantalla tamén funciona como condutor eléctrico, algo moi importante ao funcionar como pantalla táctil. Para iso créase unha capa fina e conductiva de óxidos de indio e estaño que, depositada sobre o cristal, permite que a condución de electricidade para a pantalla táctil do smartphone.
  • Moitas das cores vivas que podemos ver nas nosas pantallas, como vermellos, azuis e verdes, prodúcense debido aos metais de “terras raras”. Estes elementos están moi presentes na terra, pero son moi difíciles e custosos de extraer.

A alma enerxética é a batería. A maioría dos teléfonos intelixentes usan baterías de litio. Este elemento permite un importante almacenamento de enerxía para fornecer tanto ao procesador como á pantalla táctil. Este tipo de baterías tenden a usar óxido de litio e cobalto como o eléctrodo positivo na batería, mentres que o eléctrodo negativo está formado por carbón en forma de grafito. A batería en si mesma está encapsulada nunha carcasa de aluminio.

Metais imprescindibles en electrónica

Pero non podemos esquecernos do que se atopa dentro do noso smartphone. Un amplo rango de elementos úsanse na parte electrónica dun teléfono intelixente.

  • O chip, que é o que procesa a información do smartphone, está formado por silicio puro, o cal é posteriormente exposto a osíxeno e calor para producir unha capa de dióxido de silicio na súa superficie.
  • A microelectrónica e o cableado interior están compostos principalmente por cobre, ouro e prata. O tantalio úsase como principal elemento dos capacitadores e nos condensadores que regulan a temperatura do smartphone.
  • Para unir os distintos compoñentes do smartphone úsase unha soldadura. Anteriormente, esta soldadura estaba feita de chumbo e estaño, pero na actualidade están a usarse alternativas sen chumbo que tenden a usar unha combinación de estaño, prata e cobre.
  • O micrófono e o altofalante conteñen imáns que normalmente están compostos por unha aliaxe de neodimio, ferro e boro. Tamén se atopan presentes pequenas cantidades de disprosio e praseodimio. Estes elementos tamén se atopan no sistema de vibración do teléfono.

Non hai que olvidarse do envoltorio final dos smartphones. Na carcasa dun smartphone podemos atopar elementos como o magnesio, o carbono, o níquel ou o bromo.

  • Dependendo de se o exterior é de plástico ou de metal, ou unha combinación de ambos, utilizarase unha combinación diferente de elementos. As carcasas de metal adoitan estar formadas por aliaxes de magnesio, mentres que as de plástico terán unha base de carbón.
  • O níquel úsase para evitar interferencias electromagnéticas mentres se usa o smartphone.
  • Tamén podemos atopar elementos ignífugos compostos normalmente por bromo, que fai que o smartphone sexa resistente á calor.

O certo é que, vendo o deseño final dun smartphone, é fácil esquecernos de que está composto. O camiño da mina ao teléfono intelixente é un dos aspectos menos coñecidos dunha tecnoloxía que se volveu imprescindible no noso día a día. Porque antes de ser smartphones, foron unha gran cantidade de rocas, metais e elementos químicos. Todos eles tiveron que pasar desde unha mina a distintas fases de transformación para ser adecuados para a construción dun smartphone.

E é a posterior simbiose entre todos estes elementos e a tecnoloxía o que permite que os teléfonos intelixentes teñan infinitas capacidades. Ao final, o feito de poder producir un smartphone é tan sorprendente como todo o que podemos facer con el. E non che caiba dúbida de que a túa smartphone vén dunha mina.